ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Acceso a Bolsas MEC (aberto o prazo ata o 10 de maio de 2024
Consulta os prazos para solicitar as Bolsas do Ministerio de Educación.
Aberto ata o 10 de maio o prazo para a solicitude de bolsas de estudo do curso 2024/25. Lembramos que para solicitar as devanditas bolsas os trámites serán todos on-line:
Poderán ser beneficiarios das distintas contías os/as alumnos/as que no ano académico 24/25 cursen:
Bacharelato
Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
Formación Profesional de grao medio e de grao superior
Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores
Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
Ensinanzas deportivas
Estudos relixiosos superiores
Formación Profesional de Grao Básico
Estudos universitarios
Accede aquí o sitio de BOLSAS no que podes ver o procedemento para realizar a solicitude.
Documentación que cómpre ter á man:
- DNI/NIE en vigor do alumno/a e dos seus responsábeis legais, se o/a estudante é menor de idade.
- Carné de familia numerosa, de ser o caso.
- Certificado de discapacidade do/a alumno/a e doutros membros da unidade familiar.
- Ingresos recibidos por actividades no estranxeiro de membros da unidade familiar, de ser o caso.
- No caso de que o estudante conviva con traballadores/as autónomos, é preciso sinalar o número de empresas/as actividades das que é titular ou participa, a porcentaxe de participación na empresa, o CIF/NIF e o importe dos ingresos totais brutos no 2023.
Opcionalmente podedes visualizar este titorial que aparece na aplicación youtube.