ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Agradecemento a Santalla e Beceiro
O Departamento de Madeira de Moble do IES de Ortigueira organizou o pasado venres 13 de decembro un acto de agradecemento aos profesores Juan Santalla e Luis Beceiro, que cambiaron de destino, polos 15 anos de adicación plena ao desenvolvemento e consolidación dos ciclos de grao medio e básico no instituto.
A dirección do centro quixo sumarse a este acto para recoñecer públicamente unha vez máis a súa decisiva contribución para que o instituto poida contar cun bo equipamento, e para que Ortigueira sexa unha parte importante no mapa galego da FP, o que sen dúbida está a contribuir na apertura de novas posibilidades empresariais e laborais neste concello.
Na imaxe podedes ver aos dous homenaxeados recibindo unha renovación, a maior tamaño e adicada, dese famoso deseño en 3D do banco de Loiba, que no seu día saiu do departamento do que eles formaban parte. Nesta ocasión a imaxe é obra da alumna de FP Sinead Rius, afeccionada á fotografía.