ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Actividades do Club de Ciencia
![](/centros/iesortigueira/system/files/u6/xconcurso1.jpg)
O luns 25 o Club de Ciencia do instituto viaxou á Coruña para desenvolver dúas actividades STEM.
Durante a mañá o alumnado participou no X Obradoiro e Concurso Galego de Robótica organizado por Igaciencia que tivo lugar no IES "Menéndez Pidal". Pola tarde asistiu a un obradoiro de e-téxtiles que homenaxeaba a figura do gran fotógrafo de moda Norman Parkinson,na Fundación Barrié. Preme AQUÍ para ver máis imaxes da actividade.