ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Galicia Skills 2018 Parabéns a Fran e Gaby
O IES de Ortigueira participou un ano máis nos Campionatos galegos de FP, Galicia Skills 2018.
Neste caso os participantes que superaron as eliminatorias previas no centro foron Gabriela Cabral en Carpintaría e Fran Soengas en Ebanistaría. O alumnado preparou moi ben as probas, co seu titor Alberto Gallego, e obtivo un moi bo resultado. Tanto Gaby como Fran remataron a competición, de dous días de duración, en terceira posición, dun total de nove participantes en cada especialidade, no que foi o Skill máis numeroso e polo tanto compricado dos 26 que competían en Silleda. Nas primeira das imaxes podedes ver a Fran co traballo rematado, a Gabriela atendendo a visita da Conselleira de Educación, e ao titor Alberto cos dos alumnos que preparou. Na segunda imaxe o alumnado competidor co seu titor, co director do centro que asistiu á festa de entrega de premios, e cos profesores Beceiro e Santalla que este ano tiveron que facer de asesores para que a competición se poidera desenvolver cos mellores materiais e bancos de traballo, deseñados e facilitados á Consellaría polo IES de Ortigueira, que con moito traballo está a convertirse en referencia galega nesta especialidade profesional, visibilizando unha vez máis a normalización no acceso das mulleres a unha profesión que ata non hai moito era considerada como masculina.
Preme AQUÍ para ver a nova en La Voz de Galicia