ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Iniciar sesión
Feira STEMlab Galicia
O IES de Ortigueira foi 1 dos 18 centros educativos públicos galegos invitados a participar o pasado 20 de abril na I Feira STEMlab Galicia.
Os alumnos de robótica e programación presentaron o proxecto Girls&STEM, co que este curso están intentando achegar máis alumnas ás competencias STEM, e dar a coñecer o destacado papel das mulleres no eido das ciencias.
Polo stand pasaron 1500 escolares galegos, pero a visita mais esperada foi a de Pedro Duque, co que os nosos alumnos puideron compartir os seus proxectos e intercambiar impresións.