ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Iniciar sesión
Alumnado de 1º de ESO premiado no concurso STARGAL
O alumnado da materia de Programación de 1º ESO-A, resultou recentemente gañador do concurso STARgal convocado polo IES A Cachada de Boiro.
STARgal é un concurso de videoxogos e videopoemas en galego que este ano homenaxeou a figura de Carlos Casares co gaio da celebración do día das Letras.
Os 13 alumnos e alumnas de Programación acadaron a máxima puntuación de entre todos os institutos participantes, e recibindo como agasallo, un robot Scornabot que empregarán nas súas clases para poder continuar a súa aprendizaxe de Programación e Robótica.
Noraboa !!!