ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Iniciar sesión
Auditoría Enerxética. O IES de Ortigueira 3º na final de Madrid
O xoves 4 de maio recibimos a visita no noso IES de dous técnicos da Fundación REPSOL que viñan a avaliar a Auditoría Enerxética levada a cabo por alumnado de 4 ESO.
A elaboración da Auditoría está enmarcada na convocatoria do concurso "Energía con Conciencia" patrocinado por dita Fundación.
O 22 de maio foi publicada a lista dos 5 centros finalistas, na que estabamos nós, de entre os 32 participantes, que acudirán á final que terá lugar na sede da Fundación REPSOL en Madrid.
Coñece AQUÍ o desenvolvemento da final, na que quedamos de terceiros. E AQUÍ os detalles das votacións. Grazas a toda Ortigueira polo apoio.