Skip to Content

ENCONTRO CON ANTÓN RIVEIRO COELLO

O pasado 9 de xaneiro, o alumnado de 2º bacharelato tivo un encontro con Antón Riveiro Coello, autor de As rulas de Bakunin, novela lida no primeiro trimestre. O escritor falou da súa vida e desta obra, das orixes e significado.

Tamén se dirixiu a todos aqueles potenciais escritores que puidese haber entre o público, ao tempo que desmitificou o labor de escritor como dono da palabra. Por este motivo falou dos seus comezos como autor e explicou que a liña que separa a realidade e a ficción é moi fina. Como exemplo, comentou algunhas pegadas da súa propia vida en As rulas de Bakunin e desvelou a orixe dalgúns dos personaxes da súa novela. Porque a inspiración pode nacer en calquera momento.

Pero, para construír unha novela, ademais de inspiración, precísase, estudo, investigación e traballo. Ser dono da palabra significa, tamén, esforzo.

Ao final da sesión, Antón asinou algúns dos exemplares das persoas que así llo demandaron. 

                MOITAS GRAZAS, ANTÓN!!



page | by Dr. Radut