Skip to Content

Matrícula

Alumnado admitido: Curso 21-22

 

 

  Están expostas as listas de admitidos dos centros adscritos para o curso 2021-2022.

 

  Acceso no taboleiro do centro ou coa chave 365.

 

 

 

 

 

 

 

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS EDUCATIVOS ADSCRITOS PARA O CURSO 21-22

A Xunta abre o prazo para a reserva de praza en centros educativos adscritos no curso 2021/2022

Vai dirixido ao alumnado que remata etapa nun centro escolar e ten que pedila para a seguinte etapa no centro que lle corresponde por adscrición.

Poderá realizarse entre o 11 de xaneiro e o 8 de febrero.

O prazo de solicitude para os alumnos que entren por primeira vez no sistema, así como para os que queiran cambiar de centro, irá do 1 ao 20 de marzo.

Os trámites poderán facerse de xeito telemático a través da aplicación admisionalumnado que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Aquí podes ver as materias ofertadas por curso no IES nº1 para o curso 2021-2022

E un vídeo de presentación do IES

Distribuir contido


by Dr. Radut