Skip to Content

Novas do Club de Ciencias

Electricidade e calor

Na tarde do 6 de maio, os alumnos do clube de ciencias investigaron con limons a posibilidade de facer unha pila con eles, conectandoos en serie i en paralelo e logrando alumear un LED.

Tamén estiveron a experimentar a quentar auga nun recipiente de papel.

 

Tres experimentos

Na tarde do pasado 29 de Abril, os alumnos do clube de ciencias, fixeron os seguintes experimentos:

1º) Estudo da flotabilidade das lentellas en auga e nunha bebida carbonatada.


 

2º "Fritindo un ovo sen tixola, sen aceite e sen lume".

 

 

3º) Construíndo un electroimán.

 

Cultivando fungos

Na tarde do primeiro luns lectivo de abril, os alumnos do clube de ciencias, estiveron preparando unha pequena bala de palla para innocular micelio de champiñon e asi poder facer un cultivo deste fungo.

Mira como cambio

En marzo, alumnos do clube de ciencias experimentaron a facer os diferentes cambios de estado, coa finalidade de facer un video para o proxecto de meteoescolas do centro:

EXTRAENDO ADN DE PLÁTANO E DA NOSA SALIVA

18- 04- 2024

O alumnado de 4º ESO do Club de Ciencias realizou a extracción de ADN do plátano e máis da súa propia saliva, empregando xabón líquido e alcol (para romper as membranas das células e separalo das proteínas). O resultado: o material branco que se aprecia nos tubos de ensaio das fotos, é o ADN. Desta maneira, o alumnado comprobou de forma práctica a gran cantidade de ADN que temos nas nosas células (se estendésmos o ADN dunha soa célula humana nun único fío mediría uns 2 metros de lonxitude).  

8M: CAZA DO TESOURO. AS MULLERES CIENTÍFICAS

8-03-2034

Co gallo do Día Internacional da Muller, o Club de Ciencias en colaboración ca Biblioteca do centro, celebrou un concurso sobre mulleres científicas. Empregando diversas pistas situadas na biblioteca, o alumnado tratou de adiviñar a identidade de 15 científicas relacionadas cas Matemáticas, a Física, a Química, a Bioloxía e a Xeoloxía. Os gañadores (Martín de 1º ESO, Antía de 4º ESO e Carla de 2º de Bacharelato) recibiron como premio uns libros ilustrados cas biografías de varias científicas que permitiron grandes avances na ciencia. Parabéns!

 

Se as rochas falasen...

Distribuir contido


by Dr. Radut