Skip to Content

Comunicado IES Nº1

O IES N 1 de O Carballiño expresa a súa profunda condolencia e o seu cariño polos duros momentos polo que está a pasar o IES Prieto Nespereira e queremos expresar o noso cariño á familia do falecido

Ampliación da axuda para adquirir material escolar

(Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir

material escolar regulada na Orde do 29 de abril de 2022)

 

Aquelas familias que foron beneficiarias do vale para adquirir material escolar por importe de 50 euros recibirán un vale adicional de 25 euros.

As familias poderán recoller o vale de 25 euros no centro a partir do luns 17 de outubro dende as 12:30 horas. O vale debe empregarse preferentemente na libraría/establecemento  antes do 1 de decembro de 2022.

 

Reunión Familias/titoras

Reunión entre familias e titoras. Xoves, 29/09/2022 ás 18h no salón de actos do IES para despois ir cada un co/a titor/a correspondente

BENVIDA AS FAMILIAS E AO ALUMNADO DE 1º ESO

07/09/2022 09:54
Atlantic/Bermuda

Estimadas familias de alumnado de 1º ESO:

Aproveitando que veñen os seus fillos/as o xoves 8 de setembro ás 13:00 horas, queriamos darlles a benvida a vostedes, mentres o titor/a recibe aos seus fillos/as. O alumnado será chamado por orde de lista no corredor de entrada para que, unha vez que estean co titor/a, vostedes se acheguen ao salón de actos. 

Saúdos cordiais

Equipo directivo

 

INICIO DE CURSO

02/09/2022 12:29
Atlantic/Bermuda

Estimadas familias:

Estamos a piques de comezar o curso 2022-2023 e queremos desexarvos a todos un bo inicio que de seguro estará cargado de momentos marabillosos. Mandamos as primeiras indicacións e seguiremos informando de cantas novidades e aspectos sexan relevantes.

Estamos á vosa disposición

Unha aperta en nome da comunidade educativa do IES Nº1 .

Equipo directivo

Indicacións varias Xullo 2022

LISTAS DEFINITIVAS:
Pódense consultar en horario de oficina durante os meses de xullo e agosto.
 

PARA RECOLLIDA DE VALES:
A partir do xoves día 21 de xullo e durante os meses de agosto e setembro, en horario de oficina, pódense recoller os vales para aquelas familias que lles foran adxudicados..

Daranse aos pais do alumno/a ou a persoas que presenten unha autorización en nome dos pais.

 
FONDO DE LIBROS:
Distribuiranse en setembro, unha vez que empecemos a xornada lectiva e cando teñamos preparados todos os lotes de cada alumno.

PUBLICACIÓN PROVISIONAL LISTAS FONDO SOLIDARIO

PUBLICADAS NO TABOLEIRO INTERIOR DO CENTRO AS LISTAS PROVISIONAIS DE FONDO SOLIDARIO, TEÑEN DOUS DÍAS PARA A SÚA RECLAMACIÓN 

Acualización 2022-07-15:

Publicadas listas definitivas en administración do IES, poden consultar en horario de oficina

Distribuir contido


by Dr. Radut