Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO 23-24

Acto na praza maior polo pasamento de Guadalupe

O Concello do Carballiño realiza unha convocatoria para mañá, martes 27 de decembro, ás 12:00h, na Praza Maior, co fin de ter un minuto de silencio en memoria de Guadalupe Díaz González e trasladar así o seu pésame á familia, amigos, e a toda a comunidade educativa que coincidiu na súa etapa como docente do IES Nº1 do Carballiño.
Asemade, o Concello do Carballiño quere facer extensivo este acto ás familias do resto dos falecidos no sinistro.

Despedida a Guada

Mañá, 26 de decembro de 2022, entre as 12:00 e 18:00, poderemos despedir á nosa querida compañeira Guada no tanatorio de San Marcos de Pontevedra, e transmitirlle á súa familia e seres queridos o noso cariño e ánimo nestes intres tan duros.
O IES Nº1 expresa a súa profunda conmoción por esta traxedia e levará unhas flores en nome de toda a comunidade educativa.
 
Deixamos constancia do enderezo do tanatorio:

TANATORIO SAN MARCOS
RÚA CAMPOSANTO, 2
36004 ( Pontevedra)
667755511
 
Á volta enfocaremos unha pequena homenaxe da que daremos datos o primeiro día de regreso das vacacións de Nadal.
 
Forza e ánimo nestes momentos tan tristes e duros.

O equipo directivo

En lembranza

Guadalupe Díaz González

Sempre estarás entre nós

Videotitoriais de Abalar Móbil

Desde o centro lembramos a importancia de instalar a aplicación Abalar Móbil para facilitar a comunicación entre o centro e as familias. Aquí podedes ver dous vídeos explicativos sobre a instalación e rexistro na APP e sobre as súas funcionalidades.

 

Instalación e rexistro:

 

 

 

Funcionalidades:

 

 

Convocatorias para as eleccións de representantes no Consello Escolar

Achéganse as diferentes convocatorias para as eleccións de representantes das familias, PAS e profesorado no consello escolar

OBRADOIRO Redes Familiares

O Departamento de Benestar Social, a través do Servizo de Educación e Apoio Familiar, organiza este interesante encontro para familias e anima á súa participación. 
Trátase dunha actividade impartida polo Centro Quérote + da Consellería de Política Social (Xunta de Galicia).

 

O obradoiro de Redes Familiares ten como finalidade crear un espazo de reflexión para familias no que compartir inquedanzas, dúbidas e dificultades na crianza. O obxectivo é construír ferramentas educativas que axuden na xestión diaria da educación no seo das familias e que contribúan positivamente no desenvolvemento das súas fillas e fillos.

 

Dende o Concello do Carballiño ofertarase un servizo de conciliación gratuíto para garantir chegar ao maior número de familias. Este servizo debe ser solicitado no momento da inscrición.

 

Para levar a cabo o obradoiro establecerase un minimo de 10 participantes e un máximo de 25. 

Prazo de inscricción: ata o 7 de novembro no Departamento de Servizos Sociais (tlf 988531076 ou educadorafamiliar@carballino.gal

 

Distribuir contido


by Dr. Radut