Skip to Content

8M: CAZA DO TESOURO. AS MULLERES CIENTÍFICAS

8-03-2034

Co gallo do Día Internacional da Muller, o Club de Ciencias en colaboración ca Biblioteca do centro, celebrou un concurso sobre mulleres científicas. Empregando diversas pistas situadas na biblioteca, o alumnado tratou de adiviñar a identidade de 15 científicas relacionadas cas Matemáticas, a Física, a Química, a Bioloxía e a Xeoloxía. Os gañadores (Martín de 1º ESO, Antía de 4º ESO e Carla de 2º de Bacharelato) recibiron como premio uns libros ilustrados cas biografías de varias científicas que permitiron grandes avances na ciencia. Parabéns!

 



story | by Dr. Radut