Skip to Content

Solicitude ABAU alumnado NEAE (2024)

Poderá solicitar a aplicación deste procedemento o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo matriculado en segundo de bacharelato e que se presente á proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade no sistema universitario de Galicia (ABAU), cando requira unha adaptación específica para a súa realización.

As solicitudes deberán facerse unicamente a través do centro no que o/a estudante realizase os estudos de bacharelato.

As adaptacións que pode prestar a CiUG están recollidas no anexo II.

Prazo de solicitudes
Para que a CiUG poida levar a cabo as medidas que se determinen, a data límite para a entrega de documentación no centro será o 31 de xaneiro de 2024,  o envío de solicitudes a CIUG será o 02/02/2024, salvo casos excepcionais que xurdan con posterioridade.

ANEXO II



page | by Dr. Radut