Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto 2023: listaxes e vales

O día 12 de xullo de 2023 estarán dispoñibles as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas na participación do fondo solidario de libros de texto. As listaxes definitivas publicaranse o 26 de xullo. A devandita documentación só pode consultarse nas dependencias do centro ou por vía electrónica na aplicación Fondolibros, usando Chave 365 ou o certificado dixital.

Os vales de material escolar poden recollerse nas oficinas do IES a partir do día 12 de xullo.

Os libros de texto entregaránselles ao alumnado no inicio de curso, é dicir, a partir do 11 de setembro.



story | by Dr. Radut