Skip to Content

TRANSPORTE

 

O servizo de TRANSPORTE comeza o vindeiro LUNS 20 de setembro.

 

 

 

Rogamos que estén co suficiente tempo de antelación para non perder este servizo.

 

Paradas: as paradas que foron solicitadas non cambiaron, calquera dúbida da ubicación poden chamar directamente á propia empresa ( Montañesa ou Pérez) para poder asegurarse.

 

O alumnado que non sexa de ESO non poderá utilizar este servizo sen o consentimento da empresa dado que non é un USUARIO LEXÍTIMO. Soamente temos posibilidade de dar o carnet nos vindeiros días ao alumnado de ESO por o que o IES Nº1 non se fai responsable do alumnado que non sexa de EDUCACIÓN SECUNDARIA.

 

No caso de BACHARELATO hai un cambio con respecto ao ano pasado:

 

Para que o acceso ao servizo integrado non teña custo económico para as persoas usuarias, poderán facer uso da tarxeta de transporte Xente Nova, coa que os importes inicialmente abonados seranlles reintegrados pola Xunta de Galicia nos termos previstos para esta tarifa, dos que se ofrece información na web www.bus.gal. Sempre e cando reciban autorización ( gratuíto) ou sen autorización sería pagando. Debe dirixirse a unha entidade na que se lle poida facer esta tarxeta, dan esta tarxeta de forma inmediata( Abanca)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Unha vez que nos cheguen as autorizacións de transporte das listas de ESO que xa foron enviadas as empresas de transporte, facilitaremos uns carnets identificativos que favorezan a entrada ós autobuses.

 

 

 

 

 

Grazas e saúdos

 

A dirección

 

 

 

 

 



story | by Dr. Radut