Skip to Content

Programa ARCO

 

 

 

Tamén contamos cun programa de apoio, reforzo de competencias e orientación no instituto, exactamente nos cursos de 1º ESO e 4º ESO.

 

LIÑA 2, PARA 1º DE ESO

 

Esta liña, que se desenvolve en horario lectivo na aula ordinaria (extraordinaria neste momento debido a situción causada polo Covid-19), ten por obxecto:

 

  • Apoiar e reforzar o alumnado de 1º ESO para o desenvolvemento das competencias clave e mellora dos resultados académicos.

  • Reforzar o alumnado con perfil absentista que permanece un ano máis en 1º ESO, ou que presente especial dificultade nas competencias de:

    • comunicación lingüística

    • competencia matemática

    • competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

    • competencia aprender a aprender

    • competencias sociais e cívicas,

  • Ou presente áreas non superadas da educación primaria, prioritariamente, as de Lingua galega e literatura, Lingua castelá e literatura e Matemáticas, mediante apoios, o uso de metodoloxías activas e participativas, así como a aplicación doutras medidas organizativas na aula.

 

O IES Nº 1 de Carballiño, ten concedido unha docente (PT) a xornada completa , dita docente reforza os grupos de 1º ESO , nas áreas de Matemáticas, Lingua Galega e Lingua Castelá.

 

 Pofesora de ARCO 1º ESO: María del Carmen Iñiguez Rial

 

 

 

LIÑA 3, PARA 4º ESO

 

Esta liña, que se desenvolve en horario lectivo na aula ordinaria, ten por obxecto:

 

  • Apoiar e reforzar o alumnado de 4º ESO e, especialmente, o alumnado procedente de PMAR para o desenvolvemento das competencias clave e favorecer a consecución dos obxectivos da etapa.

 

 

  • Reforzar o desenvolvemento das competencias clave e a mellora dos resultados académicos, mediante apoios e o uso de metodoloxías activas e participativas, así como medidas organizativas destinadas ao alumnado con perfil absentista de 4º ESO, alumnado que provén de grupos de 2º de PMAR, alumnado repetidor, alumnado que promociona por imperativo legal, alumnado matriculado en 4º ESO sen superar materias de niveis anteriores e/ou que presenta especial dificultade nas competencias en comunicación lingüística, matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, aprender a aprender e sociais e cívicas.

 

O IES Nº 1 de Carballiño, ten concedido unha docente a  xornada completa ,da especialidade de Matemáticas , que reforza ao alumnado con dificultades na competencia matemática todos os días da semana nos grupos de 4º ESO.

 

Pofesora de ARCO 4º ESO: Laura Pimentel Pérez

 

Máis información sobre ARCO no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/arco

 

 



page | by Dr. Radut