Skip to Content

Novas do Club de Ciencias

Construíndo un axitador magnético

Durante as xornadas do 15 e 24 de abril, os alumnos estiveron construíndo un axitador magnético que servirá para preparar disolucións no laboratorio de química. Ademáis estiveron facendo tarefas de reciclaxe, dado que aproveitaron partes dun ordenador vello.

 

 

Día internacional das matemáticas.

O 14 de marzo fixeronse unha serie de actividades para celebrar o día internacional das matemáticas. Nesta ocasión adicado o número pi.

 

 

 

 

 

3 experimentos

O 24 de febreiro fixeronse tres experimentos: Aramio con memoria, Implosión dunha lata e un estudo de solubilidade dun sal e dun plástico, en auga e en acetona.

 

Leis dos gases e Torre de densidades

O pasado 8 de febreiro estivemos facendo tres experimentos que cumpren coas leis dos gases. Tamén estivemos a experimentar con densidades de distintas sustancias liquidas e finalmente fixemos unha torre de densidades con todas elas.

 

Dentífrico para elefantes

9 de Marzo: Nesta sesión fixemos unha reacción química de oxidación redución coñecida como dentífrico para elefantes.

Facendo xabón na escola

O pasado 14 de decembro e 18 de xaneiro os rapaces de 1º e 2º da eso estiveron facendo primeiramente un xabón tradicional básico e despois estiveron a investigar como facer un xabón de aloe vera. Aínda que os resultados as veces non son moi bonitos, nesta ocasión saíron moitas pastillas de xabón bastante vistosas, como se pode ver no seguinte video:

Charla de Eduardo Sáenz de Cabezón

O luns 13 de febreiro pola tarde o alumnado de 4º de ESO, 1º de Bacharelato e 2º de Bachharelato asisitirá a unha charla de Eduardo Sáenz de Cabezón organizada polo departamento de Matemáticas

Distribuir contido


by Dr. Radut