Skip to Content

Xornada de portas abertas e admisión de novo alumnado

Criterios de Selección para as Probas de Certificación de Lingua Estranxeira.

CRITERIOS DE SELECCIÓN PARA AS PROBAS DE CERTIFICACIÓN DE LINGUA ESTRANXEIRA

 Documento Adxunto.

As novas normas sobre uso de móbiles entran en vigor o 10 de xaneiro de 2024.

As novas normas sobre uso de móbiles entran en vigor o 10 de xaneiro de 2024.

 

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou a Orde do 4 de xaneiro de 2024, pola que se aproba o protocolo sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros docentes de niveis non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia. No primeiro punto do devandito protocolo indícase que "a prohibición de uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos como mecanismo de comunicación establecida durante os períodos lectivos debe estenderse tamén, con carácter xeral, á totalidade da xornada escolar, incorporando os períodos non lectivos. En consecuencia, non se permitirá durante a xornada escolar o emprego libre destes dispositivos." No segundo punto do protocolo especifícase cales son os períodos non lectivos aos que se estende a prohibición de uso dos móbiles: "as entradas e saídas, o tempo de recreo, de comedor escolar e os períodos dedicados ao desenvolvemento de actividades complementarias e extraescolares." A adaptación deste protocolo no IES Nº1 do Carballiño, aprobada polo Claustro de profesorado e polo Consello Escolar é a seguinte: Como norma xeral queda totalmente prohíbido, para o alumnado, o uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos como mecanismo de comunicación no centro e nas actividades complementarias ou extraescolares. No caso de que o traían ao instituto estes deben estar gardados (non visibles) e apagados (non silenciados). En todo caso, se o alumnado persiste en traer o móbil, o centro non se fai responsable do seu deterioro, extravío ou furto. Exceptuarase desta restrición o emprego dos dispositivos por cuestión xustificadas de necesidades médicas ou doutra índole, sempre que sexa autorizado pola dirección do centro. Só se autoriza, excepcionalmente, o uso pedagóxico do teléfono móbil baixo a exclusiva autorización, supervisión e responsabilidade do profesorado cando así o considere necesario para unha actividade pedagóxica e así o teña recollido na súa programación didáctica e previo aviso ás familias, Cando un profesor ou profesora advirta que un alumno ou alumna está facendo uso do teléfono móbil ou de calquera outro dispositivo electrónico, o alumno/a levará un parte de incidencia e ao segundo parte de incidencia, polo mesmo motivo, o alumno/a incurrirá nunha falta de carácter grave que suporá a pérdida do dereito de asistencia ao centro durante dous días. Lembramos, que o IES dispón de liñas de teléfono para recibir chamadas nas que as familias poderán localizar ao alumnado no caso de ser necesario. Asimesmo, se o alumnado necesitara contactar coa súa familia pode facelo dende os teléfonos do centro. Sen prexuízo da regulación sobre o uso de dispositivos que temos no noso centro, o uso delictivo dos mesmos porase en coñecemento dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e terán as consecuencias penais que correspondan.

Guada, sempre nos nosos corazóns

 

"BO NADAL E FELIZ ANI NOVO"

!BO NADAL E FELIZ ANI NOVO!

 

Concurso de cabazas Samaín 2023

Concurso de cabazas Samaín 2023

Concurso de relatos Samaín 2023

Concurso de relatos Samaín 2023
Distribuir contido


by Dr. Radut