Skip to Content

Orientación

PROBAS ACCESO CICLOS FORMATIVOS MEDIO E SUPERIOR

Prazos de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

 

MÁIS INFORMACIÓN:

Calendrio probas

Orde 21 de decembro de 2023

Solicitude ABAU alumnado NEAE (2024)

Poderá solicitar a aplicación deste procedemento o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo matriculado en segundo de bacharelato e que se presente á proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade no sistema universitario de Galicia (ABAU), cando requira unha adaptación específica para a súa realización.

As solicitudes deberán facerse unicamente a través do centro no que o/a estudante realizase os estudos de bacharelato.

As adaptacións que pode prestar a CiUG están recollidas no anexo II.

Prazo de solicitudes
Para que a CiUG poida levar a cabo as medidas que se determinen, a data límite para a entrega de documentación no centro será o 31 de xaneiro de 2024,  o envío de solicitudes a CIUG será o 02/02/2024, salvo casos excepcionais que xurdan con posterioridade.

ANEXO II

Probas para acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado nos niveis B1, B2 e C1

A Consellería de Cultura, Educación e Formación Profesional e Universidades convoca, a través da Resolución do 29 de setembro de 2023 publicada no seu portal, a xestión das probas de nivel lingüístico para o alumnado. Destinado ao alumnado matriculado en Bacharelato e 4º de ESO no curso 2023-2024, que poderá acreditar a competencia en lingua estranxeira non niveis B1, B2 e C1.

O IES Nº1 do Carballliño solicitará participar nesta convocatoria, para o que é necesario determinar o alumnado interesado, que debe entregar no centro, antes do día 31 de outubro de 2023, o compromiso individual asinado pola familia que está a vosa disposición na secretaría do centro.

Proposta provisional dos parámetros de ponderación da ABAU en Galicia para o curso 2024-2025

 A Ciug publicou unha proposta provisional de parámetros de ponderación da ABAU en Galicia para o curso 2024 -2025. 

 

É unha proposta suxeita a modificacións, que recolle as ponderacións das materias da fase voluntaria do currículo de bacharelato LOMLOE.

 

Podedes consultar o documento neste enlace.

ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS

 

Podedes consultar o calendario de admisión a ciclos formativos neste enlace

Presentación de solicitudes23 xuño ás 9:00 ao 5 xullo ás 13:00 horas

1ª adxudicación19 xullo

Matriculación 1ª adxudicación19 xullo ás 9:00 ao 24 xullo ás 13:00 horas

 

Máis información no departamento de orientación.

Convocatoria de preinscripción y matrícula en la universidad de Galicia 2023-2024

Resumo do procedemento de preinscrición e matrícula na universidade de Galicia para o curso 2023-2024.

 Todo o procedemento de preinscrición e matrícula está publicado na web da CIUG

 

PRAZOS DE PREINSCRICIÓN:

 

PRAZOS XERAIS:

O proceso de acceso consistirá nunha preinscrición anticipada e dúas convocatorias de preinscrición ordinaria e extraordinaria, aínda que tamén hai uns prazos especiais (ver convocatoria de información):

• Inscrición anticipada (do 16 ao 30 de xuño ata as 14:00 horas).

• Preinscrición na convocatoria Ordinaria (do 22 ao 30 de xuño ata as 14:00 horas), Para o alumnado que supere a ABAU na convocatoria ordinaria deste curso.

• Preinscrición en Convocatoria Extraordinaria (do 19 de xullo ao 21 de xullo ata as 14:00 horas).

 

PRAZOS ESPECIAIS:

• Ata o 10 de xullo (ás 14.00 horas) ábrese un período especial para aqueles estudantes que accedan á universidade pola vía prevista nos artigos 9.1.b, 9.2.b, 9.2.c, do RD 412/2014, do 6 de xuño, xustificando a imposibilidade de presentar antes a preinscrición.

• Prazo para titulados universitarios: Do 14 ao 26 de xullo.

• Data límite especial para o alumnado que supere a fase obrigatoria da ABAU tras o proceso de revisión: 26 de xullo. A través dun formulario dispoñible na web da CIUG.

• Do 22 ao 28 de setembro ábrese un período especial para estudantes doutras comunidades que superaron as EBAU en setembro e para os que se graduaron en FP tras a preinscrición extraordinaria.

 

As datas de preinscrición serán as mesmas para todo o sistema universitario galego e están publicadas na web da CIUG, nesta ligazón:

https://www.ciug.gal/PDF/ACCESO2023/convocatoria.pdf

 

As datas de matrícula serán as mesmas para todo o sistema universitario galego e están publicadas na web da CIUG, nesta ligazón:

https://www.ciug.gal/PDF/ACCESO2023/convocatoria.pdf

 

Distribuir contido


by Dr. Radut