Skip to Content

Novas do Club de Ciencias

DESCUBRINDO A PRESENZA DOS GLÍCIDOS NOS ALIMENTOS

20-12-2023

Para rematar o ano o alumnado do Club de Ciencias realizou dúas actividades relacionadas cos glícidos presentes nos alimentos. Para elo, pesaron a cantidade de azucre indicada nas etiquetaxes de alimentos co obxectivo de ser conscientes da gran cantidade de azucre que inxerimos diariamente. Despois, determinaron a presenza do amidón en certos alimentos empregando lugol (o amidón provoca que o lugol cambie dunha cor marrón a unha cor morada escura). Desta maneira comprobaron que o amidón é un glícido que so aparece nos alimentos de orixe vexetal. 

 

CONSTRUÍNDO MOLÉCULAS DE ADN

22-11-2023 

O alumnado disfrutou dunha actividade deliciosa para celebrar o MES DA CIENCIA EN GALEGO: construír unha molécula de ADN con lambonadas. 

 

FACENDO ARTE ABSTRACTO NO LEITE

22- 11- 2023 

Para celebrar o MES DA CIENCIA EN GALEGO os integrantes do Club de Ciencias romperon a tensión superficial do auga (contida no leite) con deterxente e empregaron colorantes para ver o efecto. O resultado foi sorprendente: unha gran colección de obras de arte!!!

 

EXPERIMENTANDO A OSMOSE CON OSIÑOS DE GOMA

3-11-2023

O alumnado do Club de ciencias realizou un experimento para comprobar o fenómeno da osmose nas células empregando osiños de goma e varias disolucións con distintas concentracións. 

Mes da ciencia en galego

Este ano, celebramos o mes da ciencia en galego en colaboración coa biblioteca do centro, onde se fixeron distintos experimentos e obradoiros durante os recreos, coa participación de tódolos alumnos que quixeron participar deste evento.

 

 

 

Diablillo de Descartes (Ludión) e Slime.

Na sesión do 20 de novembro, os alumnos participantes do clube de ciencias experimentaron a facer un ludión e reflexionaron sobre a peculiaridade deste curioso aparello. Tamén aproveitaron para facer "Slime".

Varios experimentos de química

 

O día 13 de novembro, contamos coa visita de dous científicos da Sociedade xuvenil galega de química, que nos axudaron a facer unha serie de experimentos de química dentro do "Mes da ciencia en galego".

 

Distribuir contido


by Dr. Radut