Skip to Content

Constitución da Xunta Electoral para as eleccións ao Consello Escolar

Estimadas familias:

Próximamente realizarase neste centro a renovación do Consello Escolar supervisada por a Xunta Electoral que se constituirá o día 28 de outubro ás 12:25 na Sala de Profesores en sorteo público. Achegamos a convocatoria na páxina web do centro. Agardamos a vosa colaboración e participación neste proceso.
Saúdos cordiais
A dirección

Horarios de Titorías

Publicamos os horarios de atención a nais/pais e as titorias de cada grupo para o curso 2021-2022. Pódense consultar no menú da esquerda, no apartado de PROFESORADO.

Charlas do Plan Director da Garda Civil

Damos difusión ás charlas do Plan Director da Garda Civil que se van dar na Casa da Cultura do Carballiño por se puideran ser de interese para a comunidade educativa

Reunión titorías 23 de Setembro

Achegamos as ligazóns ás diferentes videoconferencias das reunións de titoría que se realizarán hoxe 23 de Setembro ás 17h.

Para entrar desde un navegador nun ordenador hai que iniciar sesión con calquera conta de google/gmail.

Para entrar desde un teléfono móbil ou tablet hai que instalar a app de Google Meet previamente.

Agardamos que se podan facer sen contratempos

 

Curso Ligazón
1º ESO A https://meet.google.com/ofg-keza-xii
1º ESO B https://meet.google.com/tus-pmzk-shf
1º ESO C https://meet.google.com/tmm-khrs-ish
2º ESO A https://meet.google.com/xiw-xuqt-kcw
2º ESO B https://meet.google.com/pgi-anjy-jnm
2º ESO C https://meet.google.com/ieo-jrmt-yai
3º ESO A https://meet.google.com/nsy-uyhu-bkn
3º ESO B https://meet.google.com/nrz-btef-gbb
3º ESO C https://meet.google.com/dtr-twzd-mos
4º ESO A https://meet.google.com/ymy-befj-azi
1º Bach A https://meet.google.com/hpx-oykg-ppt
1º Bach B https://meet.google.com/rhc-rocj-uur
1º Bach C https://meet.google.com/sup-oryt-vgf
1º Bach D https://meet.google.com/vay-omsm-vjp
2º Bach A https://meet.google.com/oea-hsrk-wwq
2º Bach B https://meet.google.com/bkt-njed-ven
2º Bach C https://meet.google.com/nxm-yyfh-ofj

CARTA ÁS FAMILIAS

Estimadas familias.

 

 

 

Estes días chégannos moitas preguntas por parte das familias sobre o inicio do curso, un curso que segue sendo especial pero non tan distinto do que coñecíamos do curso anterior.

 

Deben saber que estamos a organizar e programar todos os aspectos escolares e materiais necesarios para que a volta sexa o máis segura posible e para que o noso alumando teña garantido o seu dereito á educación.

 

O noso propósito é comezar coa máxima normalidade e seguridade posibles e que o noso alumnado só teña que preocuparse dos seus estudos, aínda que como vostedes saben estamos nas mans dunha circunstancia imprevisible que cambia día a día.

 

Para conseguir a maior seguridade, é preciso cumprir as normas coa máxima firmeza. Este ano seguirán sendo moi estritas e toda a comunidade ten que comprometerse a acatalas.

 

Trataremos de facer unha reunión cos pais, non presencial, para aclarar nivel a nivel todas as dúbidas que vos poidan xurdir. Indicaremos na vindeira semana o día e as horas da mesma.

 

Lembren que todas as comunicacións faranse a través da páxina web do centro e nas aplicacións previstas para este tipo de anuncios: Abalar móbil.

 

Nelas tamén explicaremos as normas e a forma de proceder nos distintos escenarios que se poidan presentar.

 

Adiantamos esta información para a súa tranquilidade e para rogarlles a súa colaboración na consideración de se as comunicacións que teñan que facer co centro son urxentes ou non.

 

Moitas grazas.

 

Atentamente, Equipo directivo

 

 

ENTRADAS ASIGNADAS PARA O ALUMNADO

PORTAL ESCALEIRAS:

 

 

1º ESO A, B e C (Entrada central e círculo vermello)

 

4º ESO A (lateral esquerdo e círculo branco)

 

1º A e B BACHARELATO e 2º BACHARELATO A, B e C (lateral esquerdo e círculo verde)

 

1º BACHARELATO C e D (lateral esquerdo e círculo branco)

 

 

 

 

 

PORTAL LATERAL

 

 

 

 

 

2ºESO (Entrada PORTA pequena, lateral dereito e círculo azul)

 

3º ESO (Entrada PORTA pequena, lateral dereito e círculo verde)

 

 

 

 

 

 

PRESENTACIÓNS DÍAS 15 E 16 DE SETEMBRO

 

Achegamos o horario específico das presentacións do alumnado do centro:

 

Días de PRESENTACIÓN:

 

DÍA 15: 1º ESO, 2º ESO e 3º ESO

 

DÍA 16: 4º ESO, 1º BACHARELATO e 2º BACHARELATO

 

HORARIOS:

 

DÍA 15 DE SETEMBRO:

 

12:00 1ºESO A, B e C

 

12:45 2º ESO A, B e C

 

13:30 3º ESO A, B e C

 

DÍA 16 DE SETEMBRO:

 

10:00 4º ESO A

 

10:45 1º BACHARELATO A, B, C e D

 

11:30 2º BACHARELATO A, B e C

 

 

* NON HABERÁ TRANSPORTE ESCOLAR ATA O DÍA 20 DE SETEMBRO LUNS.

 

* O ALUMNADO ESTA SEMANA SOAMENTE VIRÁ Á PRESENTACIÓN E VOLTARÁ O LUNS 20 NO HORARIO DE MAÑÁ E TARDE.

 

* O DÍA 14 DE SETEMBRO COLOCAREMOS AS LISTAS DOS GRUPOS.

 

* CADA TITOR IRÁ A RECOLLELOS Á PORTA PARA LEVALOS Á SÚA CLASE CORRESPONDENTE.

 

* SOAMENTE DEBERÁNN TRAER O PRIMEIRO DÍA UN PAPEL PARA ANOTAR COUSAS E MASCARILLA.

 

* AS REUNIÓNS DE TITOR/FAMILIA SERÁN A VINDEIRA SEMANA E VÍA ONLINE. ESTAREDES INFORMADOS EN TODO MOMENTO E CON TEMPO SUFICIENTE DOS ENLACES PARA ACCEDER ÁS MESMAS. 

 

 

SAÚDOS E GRAZAS ANTICIPADAS POR A VOSA COLABORACIÓN

 

O EQUIPO DIRECTIVO

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut