Skip to Content

Novas do Club de Ciencias

Se as rochas falasen...

Experiencias de febreiro

No mes de febreiro, os alumnos fixeron unha reacción de equilibrio químico entre o N2O4 e o NO2.

Tamén estiveron a experimentar coa sublimación do iodo.

Mes do xabón

Durante os luns de xaneiro, os alumnos do clube de ciencias fixeron actividades encamiñadas a obtención de xabóns.

Fixeron filtracións de aceites, maceración de herbas aromáticas en aceites, destilado de herbas aromáticas para extraer aceites esenciais.

Finalmente, estiveron a formular varios xabóns e investigando a utilidade do uso de distintos antioxidantes na súa fabricación.

 

 

FACENDO CROMATOGRAFÍAS EN PAPEL

25-01- 2024

Comezamos o ano no laboratorio de Bioloxía facendo cromatografías en papel ca finalidade de separar os pigmentos vexetais (clorofilas, xantofilas, carotenos, antocianinas...) dalgunhas plantas. Algúns integrantes do Club de Ciencias descubriron os pigmentos das espinacas e da leituga vermella, mentres que outros decidiron probar sorte ca col lombarda pola súa intensa cor violeta tan característica. 

Actividades de matemáticas en decembro

Obradoiros matemáticos no mes de decembro:

DESCUBRINDO A PRESENZA DOS GLÍCIDOS NOS ALIMENTOS

20-12-2023

Para rematar o ano o alumnado do Club de Ciencias realizou dúas actividades relacionadas cos glícidos presentes nos alimentos. Para elo, pesaron a cantidade de azucre indicada nas etiquetaxes de alimentos co obxectivo de ser conscientes da gran cantidade de azucre que inxerimos diariamente. Despois, determinaron a presenza do amidón en certos alimentos empregando lugol (o amidón provoca que o lugol cambie dunha cor marrón a unha cor morada escura). Desta maneira comprobaron que o amidón é un glícido que so aparece nos alimentos de orixe vexetal. 

 

CONSTRUÍNDO MOLÉCULAS DE ADN

22-11-2023 

O alumnado disfrutou dunha actividade deliciosa para celebrar o MES DA CIENCIA EN GALEGO: construír unha molécula de ADN con lambonadas. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut