Aula Virtual do IES Miguel Ángel González Estévez
- AVISO: Actualización de contas de usuario do alumnado
O luns 28 de setembro de 2020, á noite, foron actualizadas as contas de usuario do alumnado.
Todas as contas de usuario do alumnado, tanto as novas como as que foron actualizadas do curso pasado, teñen como contrasinal provisional o DNI do usuario (todo xunto, sen espazos nin guións e coa letra en maiúscula, por exemplo: 12345678A), ou documento equivalente (pasaporte, documento da UE, ou número de expediente nalgúns casos). Cando un alumno acceda por primeira vez á súa conta, deberá cambiar o seu contrasinal.