Departamento de Filosofía

Filosofía 1º BAC (Rebeca). Curso 2022-2023.

Os obxectivos da materia de Filosofía en 1º de Bacharelato son intelectuais, pois farase unha introducción profunda ámbitos que van dende a comprensión do pensamento racional á propia historia da filosofía. Mais a forma de abordalo será prioritariamente transversal, pois os bloques de contidos estrutúranse en torno ao coñecemento, a filosofía da ciencia, a antropoloxía, a filosofía práctica, etc.

Traballaremos partindo dende o manual, que servirá como soporte ao alumnado, pero tamén incluíndo material e actividades que nos permitirán comprender como o pensamento e, concretamente, a filosofía, serven para entender o mundo, analizalo e formar parte del como axentes, como suxeitos activos, e non só pasivos.












Filosofía 1º BAC D 2022/2023 Eva Mouriño

Coeducación para o Século XXI 1º BAC. Curso 2021-2022. Eva Mouriño López.

Historia da Filosofía 2º BAC A+D. Curso 2023-2024. Eva Mouriño López.

Historia da Filosofía 2º BAC (Rebeca). Curso 2022-2023.

A Historia da Filosofía de 2º Bac supón un paso cara adiante na comprensión dos contidos que se trataron no curso anterior. A achega non é transversal, senón que segue a cronoloxía do pensamento filosófico occidental, oficial. Irase, pois, cursando unha progresión liñal a partir da cal ser irá comprendendo o devir do pensamento en relación cos contextos históricos. A nivel metodolóxico, e en orde a lograr as consecucións das competencias que impoñen as probas externas, impartiranse os contidos das sucesivas unidades para, inmediatamente, traballar cos textos de comentario: faranse mapas conceptuais, antes de redactar, para interiorizar a comprensión dos distintos elementos dos sistemas conceptuais dos autores que aparecen neles.

Desafíos éticos para o século XXI. Curso 2022-2023. Rebeca Baceiredo

Esta materia optativa permite achegarnos aos contidos de xeito áxil, cunha metodoloxía máis flexible e participativa. O vínculo entre eses contidos e o mundo actual é evidente, pois a ética, como sabemos, forma parte da filosofía práctica. Para presentar os distintos bloques, que versan en torno ao xénero e igualdade, inmigración, democracia vs. corrupción, reflexións bioéticas en torno á tecnoloxía ou ao impacto ambiental do noso modo de vida e sistema económico, así como o recoñecemento dos Dereitos de 4ª xeración, etc., poderemos introducir teoricamente a unidade, co fin de comprender a orixe do problema, para buscar na realidade exemplos concretos a partir dos que desenvolver a análise conceptual.

Ética e Filosofía do Dereito 2º BAC