Ruta en bicicleta do 20 de Xuño 2018
Como sabedes o próximo mércores 20 de Xuño faremos unha ruta en bici de montaña polos arredores do insti. A ruta será de 37 km máis ou menos. É posible que se reduza a un total de 27km ou así dependendo de varios factores que estamos a estudar.
Vaise distribuir un papel por clase para que vos anotedes e así ter unha idea de canta xente está disposta a facela.
Teremos varios puntos nos cales faremos paradas longas para descansar, beber, comer algo e incluso facer algunha outra actividade.
Se queredes ver a ruta tedes que pinchar neste enlace e descargar o arquivo e abrilo con google earth ou calquera outro programa ou app que lea arquivos kmz.
Se tedes algunha pregunta ou curiosidade preguntade a Oscar.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Ruta Bici IES Maruxa Mallo.kmz | 13.91 KB |