DÍA DO LIBRO 2012: COMPARTIMOS LECTURAS?

O día 23 de abril o ambiente que se respiraba na biblioteca era diferente a outras xornadas. Por unha banda, o dos nervios de quen recollía premios polo seu traballo no certame literario do departamento de Lingua castelá; por outra, o da nostalxia e a lembranza dunha exalumna que agora viña presentar un libro titulado Cuéntame un cuento e, ademais,  o da participación na actividade de compartir as nosas lecturas preferidas co resto da comunidade eductativa. Certamente, non era o de todos os días, había algo diferente...