Concurso "Jóvenes Talentos" de Coca-Cola na súa 50ª edición. Entrega de premios o día 4 de xuño

A nosa alumna de 2º da ESO, Alicia Fieira Grela, gañou o 5º premio deste concurso de redacción en lingua castelá. A proba consistía en crear un relato a partir dun comezo que viña fixado pola organización do certame. Na foto aparece co resto do alumnado que tamén participou na proba en Santiago no mes de abril.

A entrega de premios tivo lugar en Ourense este pasado 4 de xuño. Alicia acudiu acompañada por profesoras do IES e por membros da súa familia. Nas fotos recóllense momentos deste acto.

Noraboa Alicia!!!