Skip to Content

CLASIFICACIÓN PARA LA FINAL GALEGA DO RALLY MATEMÁTICO

 

Acabamos de ter noticia de que un equipo de 1º de ESO, dirixido polo profesor Francisco Caamaño, e outro de 4º de ESO, liderado polo profesor Luis Vázquez, resultaron clasificados para a final galega do Rally Matemático.

Aínda que vivamos tempos difíciles e de gran incerteza, é unha gran noticia para o centro, para os profesores e, sobre todo, para o alumnado implicado e as súas familias. Nun momento no que semella que todo está parado, vemos como o noso alumnado e o profesorado seguen en marcha!

Parabéns aos alumnos/as e profesores; parabéns ás familias e moito ánimo a toda a comunidade educativa do IES María Casares! Pronto volveremos á normalidade e poderemos celebrar este triunfo e aspirar a outros!

Saúdos e moito ánimo!



page | by Dr. Radut