Skip to Content

SUPENSIÓN DAS ACTIVIDADES LECTIVAS

O presidente da Xunta de Galicia comunicou hoxe en rolda de prensa a decisión de suspender as actividades lectivas en todos os centros educativos DESDE O VINDEIRO LUNS 16 DE MARZO por un período inicial de 14 días. Mañá venres as familias deben tomar a decisión de que os alumnos/as acudan ou non ao centro. Se, por calquera motivo deciden que veñan ao centro, realizarán a actividade habitual, xa que o profesorado cumprirá o seu horario lectivo.

A información da que dispoñemos é a facilitada polos medios de comunicación, xa que a día de hoxe non recibimos ningún comunicado oficial sobre o tema. A medida que teñamos información oficial, esta será transmitida ás familias polos canles habituais: SIXA Familias, páxina web, tokapp…

Poden atopar a información sanitaria oficial ás familias no seguinte enlace.

http://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/informacion-coronavirus

 



page | by Dr. Radut