Skip to Content

NA ELITE DA TECNOLOXÍA E A INVESTIGACIÓN ESCOLAR

Markos Conchado, Daniel Mata e Ana Varela, alumnos do STEMBach do IES María Casares están entre os finalistas nacionais do Reto Big Data: la inteligencia de los datos, un programa realizado pola Obra Social de "La Caixa" para contribuír ao desenvolvemento da capacidade dixital do alumnado e promover unha actitude crítica e realista hacia as tecnoloxías.

A súa noticia "Un túnel hacia un futuro" describe como a tecnoloxía e o Big Data poden lograr un desenvolvemento máis sostible das cidades. No vindeiro mes de maio participarán nun Datatón en Barcelona e desexamos velos pronto na viaxe formativa a Silicon Valley, premio final do programa. Noraboa aos alumnos/as e ás profesoras Consuelo Castro e Cristina Sande que dirixiron o proxecto.

 



page | by Dr. Radut