Skip to Content

HOMENAXE A ESTHER PITA

Hoxe lembramos a Esther Pita, que faleceu recentemente.

Esther realizou unha importantísima labor polos dereitos dos veciños e tamén polos das mulleres, non só durante a súa labor como alcaldesa senón tamén como veciña. Liderou o movemento veciñal en Santa Cruz creando, xunto con outros, unha das primeiras asociacións do concello.

Preocupouse especialmente polo desenvolvemento dos Servizos Sociais, área da que foi concelleira e a que lle deu especial importancia no seu tempo como alcaldesa.

Unha das grandes loitas de Esther foi abrir a biblioteca Rosalía de Castro situada no Centro Cultural “As Torres”, pero isto non o fixo soa, foi grazas ás mulleres de Santa Cruz que, recadando fondos vendendo cousas nas festas, o conseguiron no ano 1985.

Grazas a todas elas agora podemos gozar da biblioteca e, ademais, demostraron que as mulleres poden conseguir o que se propoñen sen necesitar aos homes; un dos principios de Esther.

A parte da súa labor política, foi veciña de Santa Cruz, naceu nesta vila e seguiu aquí toda a súa vida; foi dona do estanco e tiña un gran espírito festeiro, non había festa  na que ela non estivera; tentaba, na medida do posible, alegrar a todos os que podía.

Penso que todos debemos recordar a Esther coma una gran persoa que loitou moito, ela mesma dicía: “Que formemos, como foi o noso soño, de ser un grupo de homes e mulleres que sigamos loitando por un mundo mellor”.

Esther, grazas por todo, por una sociedade máis libre, máis xusta . . . en definitiva mellor para todos.

Pola túa forma de ser, polo teu xeito de facer as cousas, por ser unha muller libre; o teu recordo seguirá vivo en todos nós e en cada recuncho deste Concello.

 

ANTÍA BARREIRO GARCÍA (4º ESO C)

A este fermoso texto da nosa alumna, unímonos todos os que a coñecemos e tivemos o privilexio de compartir a nosas vidas con ela.

COMUNIDADE EDUCATIVA DO IES MARÍA CASARES 

 

 



page | by Dr. Radut