No marco do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e na súa contorna ofértase esta charla orientada a alumnado da ESA, familias e profesorado e que abordará a problemática e riscos das novas adiccións tales como os videoxogos ou as apostas online.
A charla será impartida por persoal experto pertencente ás forzas de seguridade do estado e terá lugar no salón de actos do noso centro o mércores 6 de marzo ás 19:00 horas (entrada ata completar aforo).