Skip to Content

AXUDASLE: Actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024 (info2)

No seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/axudasle/ pódense consultar as primeiras listaxes publicadas en relación á ORDE do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado de centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).
Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, faise pública a relación das listaxes detalladas a continuación e ábrese un prazo de 10 días hábiles (fin de prazo 11 abril) para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.

  •  Listaxe de solicitudes admitidas, solicitudes que precisan da emenda dalgún aspecto e de solicitudes excluídas: Acceso
  • O listado de solicitudes admitidas, solicitudes que precisan da emenda dalgún aspecto e de solicitudes excluídas está exposto no taboleiro interior do centro

Artigo 16. Procedemento de adxudicación de prazas
1. Rematada a comprobación das solicitudes recibidas, o órgano instrutor fará públicas tres listas: unha, na que figurarán as solicitudes admitidas; o segundo, para as solicitudes que cómpre corrixir nalgún aspecto; e un terceiro, de solicitudes excluídas, con indicación das causas de exclusión.


 



page | by Dr. Radut