Skip to Content


 Icono Aula virtual

 
 

REUNIÓN NAIS/PAIS INICIO DE CURSO 2024/25

Convócase a reunión coas nais/pais do alumnado do IES da Illa de Arousa  do curso 24/25 para o martes 17 de setembro co seguinte horario.

Curso

Hora

1º ESO

19:00 horas

2º ESO

19:00 horas

3º ESO

18:15 horas

4º ESO

18:15 horas

 

 
 
 
 
 
 
 
 

Asistimos á Gala de #DígochoEu

 

O xoves 16 pasamos moi boa tarde gozando desta gala, que foi toda unha festa. Algún agasallo tamén trouxemos para a Arousa… Felicidades polo traballo realizado a todos os centros participantes e noraboa aos gañadores!

Moitas grazas á ENT Dorna pola súa colaboración para realización do vídeo do concurso, e ao Concello da Illa de Arousa por facilitar a nosa asistencia á gala!

Primeiros auxilios 2024

O xoves 21 de marzo, alumnado do ciclo superior de acondicionamento físico do CIPF de Fontecarmoa visitou o centro para impartir talleres de primeiros auxilios á rapazada do IES da Illa de Arousa.

Tendo en conta a importancia dos coñecementos básicos de primeiros auxilios en caso de emerxencias e que a rápida actuación pode salvar vidas, realizáronse técnicas de RCP básica, a maniobra de Heimlich e a posición lateral de seguridade entre outras.

Álbum: Curso 23_24 -> Primeiros auxilios 2024

Limpeza praias 2024

Como tódolos anos, o departamento de Bioloxía, coa rapazada de 1º ESO,  en colaboración co IGAFA e a asociación BATA organizou a limpeza das praias de Carreirón.

Preme sobre a imaxe para ver a galería.

Álbum: Curso 23_24 -> Limpeza carreirón 2024

Entrevista na radio: Proxecto Neo

Para o programa 404 do Proxecto Neo escolleron entrevistar a unha alumna do noso centro, descubre a quen!

Falou ben e falou ó conto.

Podedes escoita-la entevista completa nesta ligazón.

Ben feito!

Magosto 2023

No noso Magosto houbo xogos tradicionais, pan con chourizo e castañas. Tamén gozamos co Grupo de música e baile tradicional da Asociación Dorna. Moitísimas grazas por amenizarnos a xornada!

Axudas para a adquisición de material escolar

Está publicada no taboleiro do centro a listaxe definitiva coas axudas para a adquisición de material escolar do alumnado do IES da Illa de Arousa correspondente ao curso 23-24.

As personas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital.

Sesións de Microbioloxía

O vindeiro martes 23 de novembro e o 14 de decembro, visitan  o noso centro tres profesoras da universidade de Vigo para amosárno-lo invisibel.

Sesións de Microbioloxía

8 de marzo no IES da Illa de Arousa

Homenaxe d@s alumn@s do IES da Illa e Arousa ás  mulleres da Arousa.

 8 de marzo no IES da Illa de Arousa
Distribuir contido


by Dr. Radut