Considerando a situación de continxencia debido ao CORONAVIRUS, as clases serán suspendidas a partir do luns, 16 de marzo.
É importante que o alumnado manteña a súa actividade académica, polo que recibirá traballo por parte do profesorado. Por iso, é imprescindible que dispoñan dunha conta de correo electrónico e de conexión a Internet para poder traballar.
O alumnado debe revisar todos os días a páxina oficial do IES Fonmiñá (www.edu.xunta.gal/centros/iesfonmina), para estar ao tanto de todas as novidades, así como as súas contas de correo electrónico.
Para calquera dúbida, poden poñerse en contacto co centro a través do correo electrónico ies.fonmina@edu.xunta.es
O Equipo directivo.