Aberto o prazo de reserva de praza para o curso 2020/2021.

Este procedemento non afecta ao alumnado que se incorporará procedente dos colexios do concello de A Pastoriza: CEIP O Salvador, e CEIP de Bretoña.

As solicitudes se poden presentar desde o 11 ao 18 de maio, o centro permanecerá aberto en horario de 10:00 a 13:00.

Concurso de Haikus e Haigas.

Publicación de todos os traballos realizados e agradecemento a todas e todos os/as participantes no II Concurso de Haikus e Haigas contra a Violencia Machista.

Premede neste enlace para acceder ao Concurso de Haikus e Haigas.

Cualificacións da 2ª avaliación. Acceso mediante a aplicación ABALARMÓBIL.

O mércores día 1 de abril estarán publicadas as cualificacións da segunda avaliación do presente curso. Para poder velas é necesario acceder a través dun teléfono ou tablet mediante a aplicación ABALARMÓBIL.

SUSPENSIÓN TEMPORAL DAS CLASES POR COVID-19, E SEGUIMENTO DA ACTIVIDADE ACADÉMICA.

Considerando a situación de continxencia debido ao CORONAVIRUS, as clases serán suspendidas a partir do luns, 16 de marzo.

Fin de curso e despedida da promoción de 4º de ESO

Promoción de 4º da ESO coa xefa de estudos e a titora

I encontro de O Globo, observatorio para educar na cidadanía global

O alumnado de 2° ESO e parte do de 3° ESO desprazouse o 24 de maio ata A Coruña para asistir ao "I encontro de O Globo, observatorio para educar na cidadanía global".

Alí, participaron en obradoiros de reflexión sobre as desigualdades e artivismo (arte+activismo), e nunha sesión de cabaret reivindicativo. Ademais, mostraron os seus traballos realizados durante o curso e coñeceron os elaborados por outros centros.

 

Charla de Xurxo Mariño sobre o seu libro. TERRA: CIENCIAS, AVENTURAS E SORPRESAS DUNHA VIAXE ARREDOR DO MUNDO

O pasado día 8 de maio visitou o centro Xurxo Mariño, biólogo e experto en Neurofisioloxía, para presentarnos o seu libro TERRA: CIENCIAS, AVENTURAS E SORPRESAS DUNHA VIAXE ARREDOR DO MUNDO.

Con fotografías de fondo que el mesmo tomou, foinos relatando a súa volta ao mundo de 11 meses, mesturando anécdotas da viaxe e descripcións da ciencia que hai detrás dos espectáculos da natureza.

Quedámonos cunha gran reflexión que nos suxeriu Xurxo Mariño: "a viaxe comeza nunha/nun mesma/o"

Distribuir contido