Skip to Content

Traballo de alumnos na casa

INFORMACIÓN TRABALLO DE ALUMNOS EN CASA

O profesorado do IES Ferrol Vello está traballando na programación de actividades para que o alumnado as poida realizar no seu domicilio.

A partir do próximo luns farase chegar ás familias esta información a través da app Abalar e tamén a través do correo electrónico de dominio @iesferrolvello.org de cada alumno/a.

A partires do luns suspéndense as clases en toda Galicia durante 14 días

Informávosmos de que a Xunta de Galicia acaba de dar as seguintes instruccións: Maña venres, e debido á epidemia de coronavirus, non sera obrigatorio asistir a clase (pero recoméndase non vir), e dende o luns, día 16, suspéndense as clases en toda Galicia durante 14 días.

Manterémosvos informados coas instruccións que segan a facilitarnos,

Ferrol 12 de marzo de 2020

O alumnado de Segundo de Eso visitou a exposición "Una autopista detrás del enchufe", en Coruña

+

+

+

+

O alumnado de Segundo de Eso visitou a exposición "Una autopista detrás del enchufe", en Coruña. Un recorrido interactivo desde os puntos de xeneración de enerxía ata os fogares.

Noticiario de marzo 2020

++++

Concurso Poesía e Imaxe / Gañadora e finalista no soso Centro

+

Claudia / 1º B / Primeiro premio

 +

Area / 1º B / Finalista

 +

Aitor / 1º B / Finalista

Escritores e investigadores reviven os vínculos de Carvalho Calero con Ferrol / Presentación o mércores en Ferrol

O alcalde de Ferrol, Anxo Mato, presidirá o mércores, ás 19.30 horas, na sé ferrolana de Afundación, a presentación do libro RCC, Ou Carballo que fun en Ferrol. Un volume que ve a luz no marco da colección Cadernos de Ferrolanálisis, co respaldo da Xunta de Galicia, e no que investigadores e escritores reviven os vínculos, sempre intensos, de Carvalho Calero coa súa cidade natal, con Ferrol. Durante a presentación, o alcalde estará acompañado polo secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García Gómez (autor, ademais, do prólogo da publicación); por María Vitoria Carvalho Ramos (filla do profesor Carvalho Calero); por Bernardo Maiz, coordinador da publicación; por Xulia Díaz Sixto, presidenta do Club de Prensa; e pola historiadora Esperanza Piñeiro de San Miguel.
Diferentes etapas vitalesCarvalho Calero residiu en Ferrol 29 das súas 80 anos de vida, e fíxoo en diferentes etapas. A primeira foi desde o seu nacemento, no ano 1910, ata 1926.

Entroido 2020

+

Entroido 2019/20

Para continuar a tradición que
inciamos o ano pasado, seguiremos as
ordes do Meco para comezar a festexar
o Entroido. O Meco non será
acumulativo, cada día traeremos
unha cousa.

LUNS 17 DE FEBREIRO

Con colares ou bufandas,
verás que xeitos@ andas.

 
MARTES 18 DE FEBREIRO

Cunha bata de casa,
Has ver que ben se pasa!

 
MÉRCORES 19 DE FEBREIRO

Con perruca ou con chapeu,
a máis elegante son eu.

 
XOVES 20 DE FEBREIRO

As zapatillas dan comodidade,
Moi necesaria a esta idade.

 
VENRES 21 DE FEBREIRO

Festa de Entroido!!!

+

+

Escape Romm / En imaxes

+

Con toda educación, ...

+

Tanto si o seu fillo é bo estudante coma se non, ofrecémoslle un Centro de reducidas dimensións para que poida desenvolver todo o seu potencial nun ambiente de respecto e amizade dentro e fóra do aula.

- Participamos en programas e plataformas educativAs empregando as novas tecnoloxías dende a nosa AulaVirtual e EVA EDIXGAL

Noticiario de febreiro 2020

+++

Por terceiro ano consecutivo un dos nosos alumnos logrou unha das becas Inditex para cursar primeiro de BAC en Canadá ou EEUU

Este ano nosas felicitacións van para a nosa alumna Antía López Martínez

+

! Felicidades ¡

 

Xornada de "portas abertas / 5 de febreiro ás 19:30 horas

O mércores 5 de febreiro ás 19:30 horas teremos no centro: XORNADA DE PORTAS ABERTAS, para que todas as familias interesadas en coñecer o noso instituto e o noso traballo poidan vir a visitarnos.

Distribuir contido


by Dr. Radut