Skip to Content

Protocolo Covid-19

 

 +

Resumo normas para familias / COVID-19

ENTRADAS E SAÍDAS (Documento adxunto)

O acceso ao recinto escolar nas entradas e saídas só está permitido ao alumnado. Como un dos obxectivos é evitar as aglomeracións, prégase non demorarse nos redores do instituto. Lembren que ambas son escalonadas, de tal xeito que o acceso poderá efectuarse dende as 8:55 e a saída dende as 14:25.

HORARIO ENTRADA HORARIO SAÍDA

1º: 9:00 1º: 14:30

2º: 8:55 2º: 14:25

3º: 9:00 3º: 14:30

4º: 8:55 4º: 14:25

 

MATERIAL

É aconsellable traer todo o material marcado ao centro (mochilas, libros, material de escritorio etc...)

 

MÁSCARAS E DISTANCIA

As familias non deberán acceder ao recinto do instituto nas horas de entrada e saída nin durante os recreos. No caso de ter que facelo no horario permitido, non esquecer máscara e manter a distancia entre persoas de 1,5 metros

 

AUTOCONTROL EN CASA

Despedida da profe Aurorín / Compañeira e amiga de todos

Secretaria do noso Centro nestes últimos anos no que desempeñou unha impresionante labor profesional e docente. Igualmente esperamos volver a verte por aquí porque formas parte desta grande familia do IES Ferrol Vello

+

Libros de texto IES Ferrol Vello Curso 2020/21

Os alumnos de primeiro e segundo só deberán mercar os libros de actividades de inglés e francés xa que nas demais materias terán libro electrónico ou se lles facilitará o libro no centro.

Ligazón ao documento completo  

 

1º ESO

 

The Big Challenge 2020

+

+

+

+

Vixésima Promoción ESO 2016/20

+

Información final de curso

25 de xuño ás 12:00: publicación en ABALAR MÓBIL dos boletíns de notas da última avaliación.

29 de xuño de 9:00 a 14:30: devolución de 4º ESO de libros, ordenadores (a os que se lles prestó no confinamento,  tendo que cubrir unha folla de entrega) e chaves da taquilla. Entregaráselles o consello orientador e a certificación académica para poder matricularse noutro centro. Devolveremos mediante un cheque o diñeiro adiantado da excursión fin de curso.

30 de xuño de 9:00 a 14:30: devolución de 3º ESO de libros, ordenadores. Poderán formalizar xa a matrícula os que teñan todo aprobado.

1 de xullo de 9:00 a 14:00: devolución de 2º ESO de libros e ordenadoes e-dixgal (menos os que suspendan para setembro algunha asignatura). Poderán formalizar xa a matrícula os que teñan todo aprobado.

Fondo solidario de Libros de Texto

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
CURSO 2020/21
 
Publicouse no DOG do 19-05-2020 a orde que regula o fondo solidario de libros de texto e que convoca axudas para adquisición de material escolar para o curso 2020/2021.
 
PARTICIPANTES:
 
A axuda de material escolar poden solicitala todos os alumnos do centro.
A axuda de libros a poden pedir os alumnos de 3º e 4º (os de 1º e 2º,  ao ter E-DIXGAL, non necesitan  libros de texto en varias asignaturas, nas outras, o centro facilitará libros do seu banco de libros e o de a ANPA).
 
PRAZOS E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
 
O prazo de presentación é dende o 20 de maio ao 19 de xuño.

Procedemento de admisión de alumnado de ESO en centros docentes sostidos con fondos públicos para o Curso 2020/21

RESUMO: 

1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

O centro educativo deberá rexistrar as solicitudes na aplicación informática de xestión do proceso, «admisionalumnado», durante o día inmediato hábil seguinte ao da súa presentación.

2. Novos prazos do procedemento.

● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

Instrucións da Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación Educativa para o terceiro trimestre do curso 2019/20

 

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Resumo

 

Calendario escolar 

 Durante o terceiro trimestre os centros docentes continuarán coa atención educativa ao alumnado, desenvolvendo actividades que lle permita manterse incorporado á aprendizaxe continua e suscitar o seu interese por aprender.

 

As actividades lectivas que se desenvolven durante o terceiro trimestre do curso 2019-2020, sempre condicionadas polo que dispoñan as autoridades sanitarias, non se estenderán máis alá das datas establecidas na Orde do 20 de xuño de 2019, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/2020, é dicir o 19 de xuño é o último día de clase.

 

Interrupción do prazo para presentación de solicitudes de admisión

Debido á situación pola que se decretou o estado de alarma, interrumpiuse o prazo para presentación de solicitudes de admisión.

Seguiremos a informar cos cambios que administración educativa nos faga chegar.

A Dirección

Comunicación co Departamento de Orientación

Todo o alumnado e os seus pais/nais do IES Ferrol Vello poderán manter a comunicación continuada para calqueira tipo de consulta, co Departamento de Orientación a través do seguinte mail:

pablo@iesferrolvello.org

Procurarase realizar unha resposta inmediata.

En caso de preferir contactar telefonicamente deixar na mensaxe un número de teléfono e procurarase realizar a chamada o antes posible.

Comunicado para as familias sobre a Segunda Avaliación

Estimadas familias:

Ante todo esperamos que esteades todos ben nestes momentos tan difíciles.

Seguindo instrucións da Consellería do 27 de marzo, informamos de que a semana que vén faremos a segunda avaliación, e o venres, 3 de abril, a partir das 18:30 horas, publicaremos as notas en ABALAR. Os contidos avaliados son os dados ata o día no que se declarou a orde de suspensión das clases.

En canto teñamos calquera nova sobre o desenvolvemento do curso, informaremos a través da nosa páxina web, redes sociais e tamén do noso grupo de profesores, que tan grande esforzo están a facer.

Agradecemos a todos vós a paciencia, dado o contexto excepcional que estamos a vivir, así como a coordinación co instituto, a fin de levar adiante a formación dos vosos fillos.

Atentamente, A dirección

Concurso:Fotografía con título, feita estes días, ...

#euquedonacasa

Concurso "Axenda na casa"

 +

Dende esta semana invitámosvos a un concurso semanal, que será premiado con vales na cafetería á volta deste tempo na casa.

Esta semana o concurso vai ser un microrrelato inspirado nos acontecementos destes últimos días. A extensión máxima será de 100 palabras.

Cada alumno/a pode presentar un traballo á dirección concursoaxendanacasa@iesferrolvello.org, en calquera das 4 linguas nas que traballamos no centro. O gañador decidirase por votación entre todo o alumnado do centro.

 

O último día para envialo será o luns 23 ás 23.59h. Se tedes calquera dúbida, escribídenos ao correo do concurso.

Distribuir contido


by Dr. Radut