Skip to Content

Blogues

11 de febreiro. Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

O venres 11 de febreiro do 2022, o alumnado de Ciencias Aplicadas de 4º ESO fixeron un xogo de pistas para os alumnos de 1º ESO sobre 4 mulleres científicas da nosa historia para conmemorar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. As mulleres científicas seleccionadas foron Marie Curie, Hipatía de Alexandría, Hedy Lamarr e Rosalind Franklin. Os alumnos de 4º ESO C levaron ás aulas de 1º ESO diferentes obxectos (un microscopio, a fotografía 51, a maqueta do ADN) para axudar na identificación da muller científica. Todos os alumnos recibiron unha chapa coa foto e o nome dunha das mulleres científicas. 

Moitas grazas aos alumnos de 1º ESO e de 4º ESO C pola súa participación! 

Escola de Familias Municipal

O Concello de Ferrol, a través da concellaría de Benestar Social, está a realizar diversas actividades para a formación de pais e nais en aspectos relacionados co ámbito escolar e a educación dos rapaces e rapazas. Agora estase a organizar un módulo sobre "A importancia da sexualidade na xuventude" que se desenvolverá durante varios mércores de febreiro (9, 16 e 23), con horario de 17:00 a 18:30, no salón de actos do edificio social (rúa Sánchez Bazcáiztegui 35). Remitimos a información completa e a ficha de inscrición nos arquivos anexos. 

Declaración do IES Ferrol Vello sobre a finalización do contrato ARCO

Desde o IES Ferrol Vello consideramos que a atención á diversidade é un piar fundamental da nosa práctica docente. Para conseguir que esta atención sexa efectiva e que todo o alumnado teña unha formación de calidade e adecuada ás súas necesidades e contextos é necesario contar con recursos materiais e persoal suficiente, elementos que están a faltar no noso centro e que se agravan coa finalización en decembro do contrato asociado ao programa ARCO. 

Por isto, o claustro do IES Ferrol Vello solicita, apoiando por unanimidade esta declaración na súa reunión extraordinaria do 17 de decembro de 2021, a ampliación do programa ARCO e a continuidade do docente asociado a este.

Postais de Nadal do alumnado de ITI

Compartimos as postais de Nadal creadas polo alumnado de ITI.

Manifesto para o día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres

 

Compartimos o manifesto lido o 25 de novembro por alumnas de 4º da ESO, no día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Eleccións ao Consello Escolar 2021

Neste mes de novembro realízase a elección de novos membros do Consello Escolar do centro. A Xunta Electoral do centro aprobou esta semana un calendario que marca as diferentes partes do proceso: 

- 5 a 15 de novembro: presentación de candidaturas na dirección do centro.

- Martes, 16 de novembro: admisión e proclamación de candidaturas. Publicación de censos.

- Luns, 22 de novembro: votación na biblioteca para a elección dos representantes de pais/nais (8:45-9:30 e 13:30-15:00).

- Mércores, 24 de novembro: votación para a elección dos representantes do alumnado (1º e 2º recreo).

- Xoves, 25 de novembro: proclamación de candidatos electos.

 

O calendario e o resto de información relativa ao proceso poderase consultar aquí ou no taboleiro do centro (fronte á conserxaría).

Nos arquivos adxuntos incluímos o modelo para a presentación de candidatura e o calendario completo.

Reunión coas familias (2ª semana)

Estamos a convocar reunións coas familias. O propósito desta reunión é establecer un primeiro contacto coa persoa titora e ir resolvendo dúbidas sobre as normas e funcionamento de centro que poidan ter. Para 1º e 3º, a reunión realizaríase o próximo martes 5 de outubro nas aulas de cada grupo no seguinte horario:

- 1º ESO A e B: de 18:10 a 18:55

- 3º ESO A, B e PMAR: de 18:20 a 19:05

Por causa das medidas COVID, só poderá acudir un pai/nai ou titor/a legal por cada alumno/a. 

Debido ao anterior, rogamos tamén que acudan nas horas indicadas, evitando aglomeracións na porta do centro e accedendo a través dos accesos indicados para os diferentes grupos (1º ESO A-B e 3º ESO PMAR a través da porta principal e 3º ESO A e B pola escaleira lateral exterior do centro, á cal se accede pasando polo aparcadoiro). 

Reunións coas familias

 

Estamos convocando as familias unha reunión cos titores/as dos seus fillos/as ou titorandos. O propósito desta reunión é establecer un primeiro contacto coa persoa titora e ir resolvendo dúbidas sobre as normas e funcionamento de centro que poidan ter. A reunión realizarase o próximo martes 28 de setembro nas aulas de cada grupo no seguinte horario:

- 2º ESO A e B: de 18:10 a18:55

- 4º ESO A, B e C: de 18:20 a 19:05

Por causa das medidas COVID, só poderá acudir un pai/nai ou titor/a legal por cada alumno/a. 

Debido ao anterior, rogamos tamén que acudan nas horas indicadas, evitando aglomeracións na porta do centro e accedendo a través dos accesos indicados para os diferentes grupos (2º ESO A-B e 4º ESO C a través da porta principal e 4º ESO A e B pola escaleira lateral exterior do centro, á cal se accede pasando polo aparcadoiro). 

 

Guías E-Dixgal

PRESENTACIÓN ALUMNADO CURSO 2021/22

A presentación do alumnado realizarase o día 15 de setembro nas seguintes horas:

1º ESO: 11:45

2º ESO: 12:30

3º ESO: 13:00

4º ESO: 13:15

Unha vez acabadas as presentacións, o alumnado terá clase normal.

Actualización do protocolo COVID19 para o curso 2021-2022

 

O acceso ao recinto escolar nas entradas e saídas só está permitido ao alumnado. Como un dos obxectivos é evitar as aglomeracións, prégase non concentrarse nos arredores do instituto. 

HORARIO ENTRADA HORARIO SAÍDA

Este ano o horario de acceso será o mesmo para todos os cursos. A entrada realizarase por diferentes portas: 

O alumnado de 1º ESO A, 1º ESO B, 2º ESO A, 2º ESO B, 4º C e 3º de PMAR, que terá as súas aulas na planta baixa, accederá pola porta principal.

O alumnado de 3º ESO A, 3º ESO B, 4º ESO A e 4º ESO B, que estará situado no primeiro andar, accederá polas escaleiras laterais do centro atravesando o aparcadoiro. 

MATERIAL

É aconsellable traer todo o material marcado ao centro (mochilas, libros, material de escritorio etc...)

 

MÁSCARAS E DISTANCIA

As familias non deberán acceder ao recinto do instituto nas horas de entrada e saída nin durante os recreos. No caso de ter que facelo no horario permitido, non esquecer máscara e manter a distancia entre persoas de 1,5 metros.

 

AUTOCONTROL EN CASA

As familias teñen a obriga de comprobar diariamente se hai algún dos seguintes síntomas:

- Febre maior de 37,5ºC.

- Tose seca.

- Dificultade respiratoria.

- Cansazo.

- Dor muscular.

- Falta de olfacto.

- Falta de gusto.

- Diarrea.

e informar ao instituto ademais de contactar co seu Centro de Saúde se aparece algún.

 

COMUNICACIÓNS CO INSTITUTO

Medios de comunicación co instituto, titores, profesorado etc.:

- Teléfono: 881 930 291

- Correo electrónico: ies.ferrol.vello@edu.xunta.es

- Abalar móbil: Que é a aplicación para móbiles que facilita a Xunta.

Contactar co centro no caso de ter problemas para instalala.

- Páxina:http://www.edu.xunta.gal/centros/iesferrolvello/

Actualización aulas virtuais

Debido á actualización do software das aulas virtuais, non se poderá acceder a estas entre o día 27 de xullo e o 3 de agosto.

Axudas para material

Lista provisional de axudas para material para o curso 2021/22. A comprobación pode realizarse na aplicación fondolibros de edu.xunta.gal ou, cando teñamos a listaxe, no propio centro. As posíbeis reclamacións realizaranse o luns e martes da semana próxima (12 e 13 de xullo) e o mércores saíra a listaxe definitiva. A partir do luns entregaranse os cheques e poderanse facer as reclamacións en horario de 9:30 a 13:00 hs. 

Programacións Didácticas 2023/24

Programa EL ORIENTA

Distribuir contido


by Dr. Radut