Skip to Content

Procedemento de solicitude de admisión para o curso 2024-2025

O proceso de reserva de praza para o alumnado procedente dos centros adscritos realizarase entre o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro. 

A solicitude poderá formalizarse a través da aplicación admisionalumnado da Consellería de Educación e entregarse por sede electrónica ou impresa no propio centro. Tamén poderá ser cuberta manualmente e entregada na secretaría do centro adscrito.

O proceso de solicitude ordinaria de praza para o alumnado irá do 1 ao 20 de marzo.

Xornadas de portas abertas

Durante este mes haberá xorndas de portas de abertas (martes 16 e 23 de xaneiro, a partir das 16:30) para que as familias interesadas en matricular aos seus fillos/as-titorandos/as poidan visitar o noso centro, coñecer a nosa oferta educativa e os nosos programas e proxectos. 

As familias que non poidan asistir poden fixar unha cita para coñecer o centro chamando por teléfono ou escribindo ao noso mail: ies.ferrol.vello@edu.xunta.gal.

Recomendacións de lectura para as vacacións

Recomendacións de lectura para as vacacións:

Información da ANPA Inquedanza

A ANPA Inquedanza do IES Ferrol Vello está interesada en xestionar e organizar un fondo de libros para o curso 2024-2025. As persoas interesadas en participar e ceder os seus libros de texto poden pórse en contacto coa ANPA a través do enderezo anpainquedanzaferrolvello@gmail.com. Deixamos tamén o formulario para asociarse en documento anexo. 

 

CONCURSO DE MAQUETAS “A PAISAXE CELULAR”

O pasado martes, 14 de novembro, se fixo entrega dos premios as mellores maquetas, dentro do proxecto “A Paisaxe celular” A elección, feita por votación do alumnado de primeiro y terceiro da ESO, foi moi difícil debido a calidade dos traballos presentados, sendo as votacións moi axustadas. Estes foron os resultados:

Enlace ás imaxes

 

Alumnos de 1°ESO investigan no laboratorio

O alumnado de 1º ESO acudiu ao Laboratorio do Centro para observar a composición de células vexetais células vexetais tinguindo con azul de metileno

 

 

Enlace imaxes "Observación de células vexetais"

Halloween 3D

Na primeira actividade do Clube de Ciencias deste curso deseñamos cabazas, tumbas,  calaveras, como os que vedes nas imaxes seguintes, xa impresos.

 

Animarvos a vir que nas próximas sesións faremos deseños cara ao Nadal!

 

Alumnado de 1ºESO nos Obradoiros Tecnolóxicos no CIS da Cabana

O alumnado de 1 de ESO participou no Programa D'tec -Talleres En caída. Tecnolab e Cosendo o futuro, obradoiros que se desenvolveron no CIS da Cabana.

Taller D’tec En caída.Tecnolab: A actividade consistiu nunha aproximación experimental á telemetría e ao deseño. Os participantes tiveron unha dobre misión. Por unha banda, deseñar un sistema de descenso para un piloto de probas (un ovo) e polo outro, programar un sistema que lles permita recoller datos mediante telemetría,monitorizando diferentes parámetros do descenso.

Taller D’tec Cosendo o futuro. Os e-téxtiles: Hoxe en día estamos rodeados de materiais innovadores, que cada vez se integran máis na nosa vida cotiá. E os tecidos non escapan a esta revolución. Durante o obradoiro recibiuse unha formación básica en programación e posteriormente pasouse á fase de deseño, creando unha peza ou complemento que integrará unha placa electrónica programable e reaccionará aos estímulos que programemos (cambios de intensidade de luz, ruído, movemento…)

Primeiro día de aulas

O primeiro día de aulas, 11 de setembro, o horario será o normal do centro (9:00-14:30). A primeira sesión terase co profesorado titor, que explicará as normas do centro e entregará os horarios e outra documentación de interese.

Libros de texto 2023-2024

Publicamos en adxunto a lista de libros de texto para o curso 2023-2024.

Documentación matrícula 2023-2024

Compartimos os impresos para a matrícula do curso 2023-2024. A documentación necesaria está dividida por cursos nos arquivos correspondentes. Todo o alumnado que veña polas notas recibirá unha copia da documentación.

Calendario final de curso

16 de xuño. Acto de graduación de 4º de ESO  (18:30)

 

21 de xuñoFinal das aulas.

 

23 de xuño. Devolución de libros de texto e ordenadores E-Dixgal. 

Entrega de boletíns e publicación de notas en XADE (12:00). 

 

23, 26 e 27 de xuño. Reclamacións de cualificacións (até as 12:00 do día 27).

 

 

 

 

28 de xuño a 7 de xullo. Matrícula.

 

28-29 de xuño (1º ESO)

30 de xuño-3 de xullo (2º ESO)

4-5 de xullo (3º ESO)

6-7 de xullo (4º ESO)

 

As datas indicadas son de atención preferente para as matriculacións nos cursos indicados. Poderase presentar a documentación de matrícula en calquera dos días, pero serán atendidos antes os cursos sinalados.

 

Bolsas NEAE

Aberto até o 20 de setembro o prazo para solicitude de bolsas para alumnado NEAE. Para consultar as condicións e realizar as solicitudes, débese acceder aquí. Lembramos que hai apartados desas axudas que deben ser cubertas polos profesionais do centro.  

Axudas material 2023-2024

Entre o 20 de maio eo 21 de xuño, ábrese o prazo para a solicitude das axudas para material do curso 2023-2024. Esta solicitude pódese realizar a través da aplicación fondolibros, entregando a documentación a través da sede electrónica da Xunta ou cubríndoa na aplicación, imprimíndoa e entregándoa presencialmente no centro. Tamén se pode imprimir os anexos I e II da orde (adxunta nesta entrada) e entregalas no centro en horario de secretaría (9:00 a 14:00). 

Admisión alumnado

A partir do 25 de abril, estarán expostas en conserxaría a listaxe de admitidos/as para o curso 2023-2024. En principio, todo o alumndo solicitante está admitido, ao non superaren as solicitudes o número de prazas existentes.

Bolsas FP e Bacharelato

Previsión de prazas para o curso 2023-2024

Está xa publicado, na xanela de conserxaría, o alumnado admitido na reserva de praza para o curso 2023-2024. O alumnado que proceda de centros non adscritos deberá solicitar praza no período que vai do 1 ao 20 de marzo. As solicitudes realizaranse a través da aplicación admisionalumnado da consellería ou directamente no centro co formulario correspondente, no caso de que este sexa o que solicitan en primeiro lugar.

A previsión de vacantes para o próximo curso é o seguinte:

 

1º ESO 26

2º ESO 26

3º ESO 13

4º ESO 3

 

 

 

 

Mandados do Meco

Estas son os mandados do Meco para esta semana de Entroido.

 

 

 

 

 

 

Procedemento para reserva de praza no curso 2023-2024

O proceso de reserva de praza para o alumnado procedente dos centros adscritos realizarase entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro. 

A solicitude poderá formalizarse a través da aplicación admisionalumnado da Consellería de Educación e entregarse por sede electrónica ou impresa no propio centro. Tamén poderá ser cuberta manualmente e entregada na secretaría do centro adscrito.

O proceso de solicitude de praza para o alumnado de centros non adscritos comezará, previsiblemente, en marzo.

Vídeo de presentación do centro

Compartimos o vídeo de presentación do centro creado polo alumnado de 1º de ESO de Proxecto Competencial.

Distribuir contido


by Dr. Radut