Iniciar sesión: Acceso

Admisión de alumnos

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN

O proceso de admisión do alumnado nos centros públicos de ensino secundario réxese polo Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, desenvolto pola Orde do 21 de outubro de 2022.

O proceso desenvólvese a través duns prazos. No referente ao noso centro o máis salientable é o seguinte:

1. O alumnado dos nosos centros adscritos que queira cursar estudos no curso seguinte no IES Camilo José Cela ten de prazo para reservar a súa praza do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro. O centro adscrito CEIP Flavia xa realiza este proceso desde as súas dependencias. No caso do centro de secundaria adscrito, CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro, as persoas interesadas en reservar praza para 1º de Bacharelato poden facelo nas oficinas do centro de orixe ou a través da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, cubrindo o impreso que poden descargar premendo aquí. Calquera dúbida pode ser resolta achegándose ás oficinas do IES, enviando un correo electrónico ou chamando por teléfono ao 881866240.

2. O alumnado doutros centros de secundaria que queira cursar estudos de Bacharelato no IES Camilo José Cela pode presentar solicitudes de admisión desde o 1 ao 20 de marzo. Para realizar este trámite poden entrar na mesma aplicación, admisionalumnado, mencionada no apartado anterior, e facer unha solicitude de admisión. Tamén poden personarse na oficina do centro ou descargar, premendo aquí, a solicitude de admisión e enviala cuberta ao enderezo de correo ies.camilo.jose.cela@edu.xunta.gal para que sexa tramitada no centro.

Hai que lembrar que as listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas sairán publicadas no taboleiro de anuncios do centro antes do 15 de maio. No caso habitual de que todas as solicitudes estean admitidas, pulicarase unha nota na páxina web do centro.

Os prazos de matrícula, para o alumnado que realizase ou non o proceso de admisión, serán os seguintes:

Alumnado aprobado en convocatoria ordinaria e extraordinaria: do 23 de xuño ao 7 de xullo.

 

Distribuir contido