Iniciar sesión: Acceso

Prazas vacantes para o curso 2019-2020

Unha vez rematado o prazo de reserva de praza para o curso 2019-2020, fanse públicas no arquivo adxunto as prazas vacantes para o curso que vén. Podedes premer no seguinte enlace para ver as vacantes:

Prazas vacantes 2019-2020

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras (Axudas Le)

No DOG do 20 de febreiro publícase a Orde do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 21 de febreiro e remata o 20 de marzo.

O seguinte enlace conduce á aplicación en liña para a xestión das solicitudes e á información sobre o proceso:

https://www.edu.xunta.es/axudasle/

 

Votacións para a elección de representantes ao Consello Escolar

Mañá martes celébranse as votacións para a elección de representantes do alumnado e das familias ao Consello Escolar. Animamos a toda a comunidade educativa a participar e lembramos os horarios das votacións:

ALUMNADO: Votarán ao longo da mañá na aula.

PAIS, NAIS, TITORES E TITORAS LEGAIS: Votarán pola tarde, de 16:30 a 19:30 no Salón de actos do centro. Teñen que identificarse co DNI.

Candidatos ás eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar

Unha vez rematado o prazo de presentación de candidatos e candidatas para as eleccións ao Consello Escolar, comunicamos as candidaturas presentadas aos distintos sectores en que se renova parcialmente o consello:

Alumnado:

Hugo Abaña Martín

Pedro Lorenzo García

Estrella Elisa Memet

Belén Cerqueiras Rarís

Ada León Vidal

Profesorado:

Rosa Ana Mirón Blanco

María José Seoane Vázquez

Xosé Lois Gil Magariños

Mario Juan Franco Uría

Sonia Gey Pérez

Pais e nais:

María del Carmen Eiras Iglesias

María José Insua Calvo

 

Información sobre as eleccións ao Consello Escolar 2018

Nos arquivos adxuntos pódense consultar as circulares informativas dirixidas ao alumnado e ás familias do IES Camilo José Cela de Padrón.

Lembramos a toda a comunidade educativa que as datas para presentar candidatura nas dependencias administrativas do centro comprenden desde o 8 de novembro ata o 16 do mesmo mes (ambos os dous incluídos).

As votacións terán lugar o martes 27 de novembro.

Os censos electorais están expostos no taboleiro do centro.

Elección ao Consello Escolar 2018

O martes 30 de outubro, ás 10:25 (1º recreo) realizarase o sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral que organizará e supervisará o procedemento de elección de membros do Consello Escolar.

A renovación parcial do Consello Escolar realízase no primeiro trimestre do presente curso 2018-2019, segundo as directrices que marca a Resolución do 25 de setembro de 2018, conxunta da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

A Xunta Electoral estará constituída por: o director do centro, un profesor ou unha profesora, unha nai /pai / representante legal, unha / un representante do persoal de administración e servizos e unha alumna ou un alumno. Os últimos catro serán os representantes elixidos no sorteo público.

Calendario de inicio do curso 2018-2019

Luns 17 de setembro

 

11:45. Hora estimada de chegada dos autobuses (haberá que prever a hora de paso polas diferentes paradas).

 

12:00. Presentación do alumnado de Bacharelato. Estará indicada a aula de cada grupo na entrada do centro.

 

12:15. Presentación do alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO. Estará indicada a aula de cada grupo na entrada do centro.

 

12:30. Recepción do alumnado de 1º de ESO e as súas familias no Salón de Actos do centro. A continuación, presentación do alumnado co profesorado titor.

 

13:15. Saída dos autobuses.

 

Martes 18 de setembro

 

Inicio das clases no horario habitual: de 08:45 a 14:25 pola mañá e de 16:20 a 18:00 o martes pola tarde.

Datas de exames e avaliacións de setembro

Achegamos as datas das probas extraordinarias de setembro, así como das avaliacións, reclamacións e matrícula. Para consultalas, premede nos enlaces correspondentes:

 

 

Distribuir contido