Iniciar sesión: Acceso

Premio para o IES Camilo José Cela no Concurso "Novos Poliedros"

O venres 10 de decembro, unha representación do alumnado do grupo 4º ESO A do IES Camilo José Cela desprazouse á sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística, para recibir da man do Secretario Xeral un dos premios outorgados no Concurso "Novos Poliedros", organizado por Igaciencia - Institución Galega de Ciencia en colaboración coa devandita Secretaría Xeral.

O traballo realizado consistiu na creación, reprodución e denominación en galego dun novo poliedro, chamado Amora polo alumnado participante. No proxecto colaborou o profesorado do Departamento de Matemáticas do IES Camilo José Cela: Mercedes Ferreiro Castro, Manuel Gándara Pastrana, Rosa Ana Mirón Blanco e Alejandro Reborido Santos. Para a impresión 3D do poliedro contaron coa colaboración do profesor do Departamento de Xeografía e Historia, Xoán André Santaló Ríos.

O xornal El Correo Gallego publicou na súa web a información sobre a entrega do premio. Pódese ver a noticia premento o seguinte enlace:

https://www.elcorreogallego.es/santiago/premio-para-o-ies-camilo-jose-cela-no-concurso-novos-poliedros-MK9862284

Parabéns ao alumnado, ao seu profesorado e ao traballo realizado.