Iniciar sesión: Acceso

Doazón de exemplares de Scórpio ao alumnado do IES Camilo José Cela

O xoves 10 de decembro, o presidente da Academia Galega da Língua Portuguesa , Ângelo Cristóvão, fixo entrega ao noso centro de 75 exemplares da novela Scórpio de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado o Día das Letras Galegas de 2020. A edición foi promovida por AGAL, a AGLP e Armazéns Eladio.

Através Editora publicou o texto de Scórpio “com umha regularizaçom e atualizaçons mínimas dentro do pensamento do escritor e intelectual ferrolano de aprimoramento da língua galega, além de serem corrigidas gralhas de ediçons anteriores”.

A edición inclúe unha biografía de Carvalho Calero e notas sobre Scórpio a cargo de José-Martinho Montero Santalha.

A iniciativa contribúe a dar a coñecer entre o alumnado a figura de Carvalho Calero quen, despois de agardar tantos anos para conseguir este recoñecemento institucional, tivo a fatalidade de coincidir co ano da pandemia da COVID. A interrupción das clases con motivo do confinamento impediu que se tratase a figura do escritor e intelectual ferrolán coa atención que merece.

Os exemplares foron repartidos entre o alumnado de Bacharelato do centro, quedando tamén algúns para consulta na biblioteca do instituto.