Iniciar sesión: Acceso

Instalacións do centro

O IES Camilo José Cela ocupa un edifico de máis de 40 anos de antigüidade pero está dotado coas últimas tecnoloxías de apoio á actividade educativa. Dispón dunha rede informática, tanto por cable como sen fíos que permite a conexión á Internet en todos espazos usados por alumnado e profesorado. O centro forma parte da rede Abalar e por tanto conta cunha dotación de ordenadores portátiles para o seu uso en aulas Abalar. O centro conta coas seguintes instalacións:

  • 22 Aulas-materia. Cada departamento conta con unha, dúas ou máis aulas en función do número de grupos que atende. Existen catro aulas con equipamento Abalar (conexión wifi Abalar, Encerado Dixital Smart, proxector, portátil para o/a docente e carro de 25 a 28 ordenadores ultraportátiles para o alumnado). Outras 8 destas aulas, repartidas entre os distintos departamentos, son Aulas Dixitais, dotadas con Encerado Dixital Multiclass, proxector e portátil para o/a docente). O resto de aulas-materia dispoñen de ordenador para o/a docente conectado á rede e a un proxector de vídeo con pantalla (unha delas tamén con Encerado Dixital). Algunhas delas contan tamén cunha dotación de equipos informáticos para uso dos alumnos e das alumnas. Todas as aulas-materia dispoñen de material específico (bibliográfico e didáctico) para as materias que se imparten nelas.
  • Laboratorios de Física e de Química. Contan con material de laboratorio e de instrumentación científica para as actividades prácticas que se realizan neles.