A partir do 21 de maio e ata o 21 de xuño de 2024, está aberto o prazo para a presentación de solicitudes de participación no fondo solidario de libros de texto e nas axudas para material escolar para o curso 2023-2024. A disposición que regula esta participación é a Orde do 7 de maio de 2024, publicada no Diario Oficial de Galicia. Pódese acceder a un resumo premendo no seguinte enlace:
Resumo Fondo solidario de libros de texto
As solicitudes para participar neste procedemento presentaranse preferentemente por vía electrónica, cubrindo o formulario dispoñible na aplicación Fondolibros, dispoñible no seguinte enlace:
Outro xeito de presentar a solicitude por vía electrónica é a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), identificando a solicitude co código de procedemento ED330B. Para a presentación por medios electrónicos é preciso identificarse con Chave 365 ou outros mecanismos admitidos pola administración (DNI electrónico, certificado dixital).
Poderase presentar, tamén, a solicitude de xeito presencial nas oficinas do centro. Para a presentación presencial adxuntarase a seguinte documentación: