Iniciar sesión: Acceso

Some like it Hot

Algúns prefíreno quente (En España Con faldas y a lo loco)

OSGOOD: Falei con mamá. Estaba tan contenta que ata chorou. Quere que leves o seu vestido de noiva. É de encaixe branco.
JERRY/DAPHNE: Osgood, non podo casar co vestido da túa mamá. Eeeh, seguro que ela e eu... nnn... non temos o mesmo tipo!
OSGOOD: Podemos reformalo.
JERRY/DAPHNE: Non fai falta. Osgood, teño que ser sincera contigo, ti e eu non podemos casar.
OSGOOD: Por que non?
JERRY/DAPHNE: Pois... primeiro porque non son loura natural.
OSGOOD: Non me importa.
JERRY/DAPHNE : E fumo. Fumo moitísimo!
OSGOOD: Éme igual.
JERRY/DAPHNE: ¡Teño un horrible pasado! Desde hai tres anos estou vivindo cun saxofonista.
OSGOOD: Perdóocho.
JERRY/DAPHNE: Ah! Nunca poderei ter fillos.
OSGOOD: Adoptarémolos.
JERRY/DAPHNE: Non me comprendes, Osgood... (Sacando a perruca e coa súa voz de home) Son un home!
OSGOOD: Bo, ninguén é perfecto.

 4

Comedia musical de 1959 dirixida por BILLY WILDER.