Iniciar sesión: Acceso

As nosas recomendacións de lectura

Nun intento de buscar a participación de todas as usuarias e usuarios da biblioteca, pedimos a vosa colaboración para que nos recomendásedes libros que vos gustaran ou que vos gustaría ler.

Agás os que xa estaban na biblioteca (e un que só atopamos en formato electrónico), comprámolos todos. Son os que aparecen na seguinte lista.

É difícil clasificalos por curso ou ciclo, así que decidimos engadir un breve comentario para que cada persoa decida se lle apetece o tema, as personaxes, o xénero…

Neste momento, as novidades están nunha mesa na biblioteca, e pódense levar emprestadas.

Ánimo, que aínda hai tempo.

Antón Lopo: Obediencia. Antón Lopo sitúa a súa novela no século XXII, nunha Galicia republicana na que o goberno perdeu o control sobre todo o territorio agás a capital, Compostela. A cidade é centro dunha puxante economía que se contrapón á mísera Alemparte, un deserto salvaxe sen regulamento democrático.

Nunha residencia de Compostela para científicos con problemas piscolóxicos, está ingresada Elba Mácara, unha paciente con crises de amnesia que cre prever o destino mediante cálculos matemáticos. Mácara consegue fuxir para refuxiarse na Alemparte, un ermo salvaxe onde ten base o grupo resistente Alogon.