Iniciar sesión: Acceso

REPARTO MÁSCARAS AO ALUMNADO DE ESO

Hoxe, 15 de novembro, comeza o prazo de solicitude de máscaras para o alumnado de ESO. O alumnado que foi beneficiario do cheque escolar neste curso xa non ten que presentar solicitude. O resto do alumnado que cumpra os requisitos, debe solicitalas na oficina do centro. O prazo remata o 26 de novembro.

Para saber que alumnado ten dereito a solicitalas, pódese consultar neste enlace ao texto das instrucións que se achega como adxunto. O texto completo pode consultarse na Orde de 28 de outubro de 2021.

CANDIDATURAS AO CONSELLO ESCOLAR DO IES CAMILO JOSÉ CELA

Lembramos a toda a comunidade educativa que as candidaturas, de todos os sectores, ás Eleccións ao Consello Escolar do IES Camilo José Cela están expostas no taboleiro do centro. Hai un prazo de dous días para reclamacións.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR DO IES CAMILO JOSÉ CELA 2021

Con data de 2 de novembro de 2021, a Xunta electoral do IES Camilo José Cela convoca as elección ao consello escolar do centro. No arquivo adxunto que acompaña esta mensaxe e que se pode consultar neste enlace, achégase o calendario do proceso electoral nos distintos sectores da comunidade educativa do noso IES.

Informamos brevemente das principais cuestións:

-Os censos electorais de alumnado e familias están expostos no taboleiro do vestíbulo do centro. Cada persoa responsable ten dereito a voto, polo que convén que as familias consulten se figuran correctamente os datos dos dous proxenitores. En caso de que se detecte algún erro, debe comunicarse na oficina do centro para a súa subsanación.

-O prazo de presentación de candidaturas comprende do 4 ao 11 de novembro de 2021. Renovaranse dous postos de representantes das familias.

-O sorteo en que se determinarán as catro persoas compoñentes da mesa electoral das familias realizarase o martes 16 de novembro ás 10:25 h nas dependencias do centro.

-As votacións dos/as representantes das familias realizaranse o martes 23 de novembro, de 16:30 a 19:30.

Animamos á participación de toda a comunidade no proceso como mostra do compromiso co ensino público. Grazas de antemán.

INICIO DO CURSO 2021-2022

O próximo mércores día 15 de setembro comeza o curso escolar 2021-2022 no ensino secundario. Queremos dar a benvida, de novo, a toda a comunidade escolar e lembrar as normas básicas de acceso ao centro, tendo en conta que aínda estamos cos protocolos en vigor polo risco de pandemia.

1. O uso da máscara continúa a ser obrigatorio durante toda a xornada escolar. Todas as persoas que accedan ao centro teñen que mantela posta en todo momento. Ademais, débese realizar a hixiene de mans con xel hidroalcohólico ao entrar, nos dispensadores habilitados ao efecto. Tamén se ten que gardar a distancia interpersoal de 1,5 metros, evitando en todo momento as aglomeracións.

2. Ninguén debe acudir ao centro se presenta síntomas compatibles coa COVID-19 ou foi contacto directo dunha persoa contaxiada. Lembramos que este curso, o acceso ao interior dos familiares do alumnado seguirá estando restrinxido a trámites administrativos. As titorias realizaranse telefonicamente agás en casos especiais onde se concertará unha cita presencial.

3. As familias asinarán unha declaración responsable conforme se comprometen a realizar a enquisa de autoavaliación diaria aos mozos e mozas ao seu cargo, co fin de detectar síntomas compatibles e evitar que acudan ao centro se están infectados.

4. CALENDARIO DE INICIO DE CURSO:

 Día 15 mércores. Presentacións (nas aulas de cada curso)

             ▪ 09:00. Presentación de 1º e 2º de Bacharelato.

             ▪ 10:30. Presentación de 2º de ESO.

             ▪ 11:00. Presentación de 3º de ESO.

             ▪ 11:30. Presentación de 4º de ESO.

             ▪ 12:00. Presentación de 1º de ESO (Coas familias no exterior do centro e Salón de actos).

             ▪ 13:00. Saída de autobuses.

             ▪ 17:00. Consello Escolar (telemático)

 Día 16 xoves.

            ▪ 08:45 – 14:25. Inicio das clases no horario normal.

MATRÍCULA DE SETEMBRO

Lembramos ao alumnado que non se matriculou en xuño por ter materias pendentes para setembro, que os días para realizar a matrícula serán o luns 6 e martes 7 de setembro, de cara a axilizar o proceso.

EXAMES DE SETEMBRO

Pódense consultar, no enlace e mais no arquivo adxunto, as datas dos exames extraordinarios de setembro para os cursos da ESO e 1º de Bacharelato.

Lembramos que o alumnado de ESO que se examina en setembro e ten libros de texto en préstamo, debe devolvelos o luns día 6 ás 11 h, cando veña recoller os boletíns de notas.

Exames de setembro de 2021

RECOLLIDA DE VALES DE MATERIAL ESCOLAR E PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO LIBROS

Avisamos de que a partir do luns 12 de xullo, as familias que os solicitasen e lles fosen concedidos, poderán pasar a recoller os vales para material escolar.
Tamén están publicadas no taboleiro do centro as listaxes provisionais de libros de texto concedidos, para que poidan ser consultadas.

Libros de texto para o curso 2021-2022

Xa está dispoñible a lista actualizada de libros de texto para o vindeiro curso 2021-2022. Consultade no apartado correspondente ou no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iescamilojosecela/?q=node/53

 

Distribuir contido